Abrir o menú principal

Carlos Martínez Mínguez

político español

Carlos Martínez Mínguez, nado en Soria o 28 de xuño de 1973, é un político español, actual alcalde de Soria.

Carlos Martínez Mínguez
Carlos Martínez Mínguez

Actualmente no cargo
Dende o 16 de xuño de 2007
Precedido por Encarnación Redondo Jiménez

13 de xuño de 1999 – 15 de mayo de 2003

Escudo de Soria.svg
Concelleiro do concello de Soria
13 de xuño de 1999 – 16 de xuño de 2007

Datos persoais
Nacemento 28 de xuño de 1973
Soria (Soria, Castela e León)
Partido PSOE

BiografíaEditar

Nacido en Soria, estudou Enxeñaría Técnica Agrícola no Campus "Duques de Soria" da Universidade de Valladolid. Afiliouse ao PSOE con 23 anos, formou parte da lista do seu partido ao concello de Soria en 1999, resultando elixido concelleiro nun goberno municipal tripartito entre PSOE, IU e ALSI, asumindo as concellarías de Medio Ambiente, Cultura e Festexos. En 2003 tras a perda da alcaldía nas municipais, foi portavoz do PSOE no concello de Soria, cargo que compatibilizou co de procurador por Soria nas Cortes de Castela e León.

Desde 2002 é secretario provincial do PSOE de Soria, sendo reelixido en 2004, 2008 e 2012.[1] Cabeza de lista do PSOE nas municipais de 2007, a súa candidatura foi a máis votada, empatando a 9 edís co PP, sendo investido alcalde o 16 de xuño de 2007, iniciando unha lexislatura en minoría. Nas eleccións municipais do 22 de maio de 2011, obtivo maioría absoluta, chegando até os 12 concelleiros fronte aos 9 do PP, sendo reelixido alcalde de Soria o 11 de xuño de 2011.[2] Foi membro do equipo de Carme Chacón [3]durante a elección do secretario xeral do PSOE no seu 38º Congreso.

Cargos desempeñadosEditar

  • Concelleiro de Soria. (Desde 1999)
  • Procurador por Soria nas Cortes de Castela e León (1999-2003)
  • Secretario xeral do PSOE de Soria. (Desde 2002)
  • Portavoz do PSOE no concello de Soria. (2003-2007)
  • Alcalde de Soria. (Desde 2007)

NotasEditar

  1. Europa Press (28 de xullo de 2012). "Carlos Martínez, reelegido secretario del PSOE de Soria". www.europapress.es. 
  2. "PP siete, PSOE dos". www.elmundo.es. 23 de maio de 2011. 
  3. "El alcalde de Soria, portavoz con Narbona de la plataforma que lidera Carme Chacón". El Norte de Castilla (en castelán). 22 de decembro de 2011. 
Predecesor:
José María Martínez Laseca
 
Secretario xeral do PSOE de Soria

2002-actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Encarnación Redondo Jiménez
 
Alcalde de Soria

2007-actualidade
Sucesor:
No cargo