Carlos Manuel Da Silva Freire
Carlos Manuel Da Silva Freire, nado en Sintra o 18 de abril de 1959, é un exfutbolista portugués máis coñecido como Carlos Freire, que xogaba na demarcación de dianteiro.
Carlos Freire | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Carlos Manuel Da Silva Freire | ||
Nacemento | 18 de abril de 1959 (65 anos) | ||
Lugar de nacemento | Sintra | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1976-1983 | Sporting de Lisboa | ||
1983-1985 | Vitoria de Setúbal | ||
1985-1986 | Portimonense SC | ||
1986-1987 | Celta de Vigo | 17 | (1) |
1987-1989 | Estoril Praia | ||
1989-1991 | SC Beira-Mar | ||
1982-1993 | Sintrense | ||
Selección nacional | |||
1981 | Selección de fútbol de Portugal | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarTras unha ampla traxectoria no fútbol portugués, no que foi dúas veces campión de liga e outras dúas de Copa, firmou polo Celta de Vigo o 5 de agosto de 1986 de cara a tempada 1986/87, na que o obxectivo do equipo era o ascenso a Primeira División. No Celta formou dianteira con Pichi Lucas e Baltazar.
Na primeira parte da tempada tivo un bo papel aínda que non chegou a asentarse no equipo, xogando 17 encontros, polo que a mediados de febreiro de 1987 equipo e xogador chegan ao acordo de rescindir o contrato para deixar libre unha praza de estranxeiro, praza que ocuparía Jimmy Hagan.