Carlos Hernández Alarcón

futbolista español

Carlos Hernández Alarcón, nado o 15 de setembro de 1990 en Xaén (Andalucía), é un futbolista profesional español da canteira do Real Jaén, que actualmente xoga como defensa no Real Oviedo da Segunda División.

Carlos Hernández
Información persoal
Nome Carlos Hernández Alarcón
Nacemento 15 de setembro de 1990 (33 anos)
Lugar de nacemento Xaén
Altura 1,85 m
Posición Defensa
Información de club
Club actual Oviedo
Carreira xuvenil
Jaén
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2011 Jaén B 47 (6)
2010–2012 Jaén 45 (1)
2012–2013 Zaragoza B 35 (2)
2013–2015 Sabadell 67 (1)
2015–2017 Lugo 58 (5)
2017– Oviedo 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 10 de xuño de 2017
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Xaén, Hernández completou a súa formación co Real Jaén da súa cidade natal, facendo o seu debut co equipo sénior B en ligas rexionais. Posteriormente é ascendido definitivamente ao primeiro equipo xienense no verán de 2011, aparecendo en 37 partidos durante a súa primeira temporada, nun ano no que o seu club falla na súa tentativa de ascenso á Segunda División B. O 14 de xullo de 2012 Hernández asina co Real Zaragoza, equipo que paga 70.000 € polos seus servizos, sendo immediatamente destinado ao segundo equipo, tamén da Terceira División.[1]

O 9 de agosto de 2013 Hernández ficha polo CE Sabadell FC da Segunda División.[2] Xoga o seu primeiro partido como profesional o día 18 do mesmo mes, participando os 90 minutos do encontro e anotando o segundo gol do seu equipo na vitoria por 4-0 en casa conta o RCD Mallorca.[3] Tras dúas temporadas no equipo catalán, asina polo Club Deportivo Lugo da mesma categoría o 4 de xullo de 2015 cun contrato por dúas temporadas.[4]

Clubs editar

Club Categoría Ano PX Goles
Real Jaén B Preferente 2007-2008 3 0
Real Jaén B Preferente 2009-2010 22 1
Real Jaén Segunda B 2009-2010 1 0
Real Jaén B Preferente 2010-2011 22 5
Real Jaén Segunda B 2010-2011 9 1
Real Jaén Segunda B 2011-2012 37 0
Real Zaragoza B Segunda B 2012-2013 35 2
Sabadell Segunda 2013-2014 33 1
Sabadell Segunda 2014-2015 34 0
Lugo Segunda 2015-2016 29 4
Lugo Segunda 2016-2017 29 1

Notas editar

  1. Marca, ed. (14 de xullo de 2012). "El Zaragoza ficha al defensa Carlos Hernández" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 6 de xullo de 2015. 
  2. El Mundo Deportivo, ed. (9 de agosto de 2013). "El Sabadell ficha a Carlos Hernández para reforzar la defensa" (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2015. 
  3. Marca, ed. (18 de agosto de 2013). "El Sabadell golea y es el primer líder de la temporada" (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2015. 
  4. Penoucos, X.R. (4 de xullo de 2015). La Voz de Galicia, ed. "O Lugo ficha ao central Carlos Hernández, procedente do Sabadell". Consultado o 6 de xullo de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar