Carlos Francisco de Croix
Carlos Francisco de Croix, nado en Lille en 1699 e finado en Valencia en 1786[1], marqués de Croix, foi un militar e político ao servizo do Reino de España.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1703 Lille, Francia |
Morte | 28 de outubro de 1778 (75 anos) Valencia, España |
Capitán Xeneral de Valencia | |
18 de xullo de 1777 – 28 de outubro de 1778 ← Jean-Martin van Marcke de Lummen (en) – Louis Des Balbes de Berton de Crillon, duc de Mahon (pt) → | |
Vicerrei de Nova España | |
24 de agosto de 1766 – 22 de setembro de 1771 ← Joaquín de Montserrat – Antonio María de Bucareli y Ursúa (en) → | |
Capitán xeneral de Galicia | |
xuño de 1756 – setembro de 1766 ← Leopoldo Adriano José de Rifflart y Vooght (en) – Maximiliano de la Croix (en) → | |
Captain general of Andalusia (en) | |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Traxectoria
editarServiu aos reis Filipe V, Fernando VI e Carlos III.[2] Chegou a ostentar os cargos de Capitán Xeneral de Andalucía,[2] Capitán Xeneral de Galicia (xuño de 1756 - setembro de 1766),[3] vicerrei de Nova España (25 de agosto de 1766 - 22 de setembro de 1771)[2][4] e, finalmente, Capitán Xeneral de Valencia entre 1777 e 1786.[5]
En Galicia dedicou boa parte dos seus esforzos a obras públicas e a mellora das infraestruturas, en particular da rede viaria.[6] En Nova España tocoulle superar segundo algúns historiadores unha das etapas «máis convulsas» do vicerreinado ao longo do século XVIII,[7] nunha época de clara decadencia económica,[8] aínda que a súa actuación como administrador foi ben considerada.[9] Durante o seu mandato en México ocupouse da expulsión dos xesuítas[10] –de forma expeditiva e sen moitas contemplacións, segundo algúns autores–,[11] combater tribos indias sublevadas en Sonora e Sinaloa,[12] así como de impulsar as obras do desaugadoiro de Huehuetoca.[13] Volvería a España pobre e con débedas.[14] A súa herdeira foi Fernanda de Croix e Vergel[15]
Notas
editar- ↑ Bourgoing & Soler Pascual 2012, p. 485.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Mariño Bobillo 2012, p. 117.
- ↑ Mariño Bobillo 2012, p. 118.
- ↑ Mariño Bobillo 2012, p. 158.
- ↑ Mallol Ferrándiz 1992, p. 96.
- ↑ Mariño Bobillo 2012, p. 129-135.
- ↑ Mariño Bobillo 2012, p. 162.
- ↑ Mariño Bobillo 2012, p. 218.
- ↑ Mariño Bobillo 2012, p. 175, 217.
- ↑ Mariño Bobillo 2012, p. 168, 187.
- ↑ Moreno 1969, p. 105.
- ↑ Mariño Bobillo 2012, p. 176-178.
- ↑ Mariño Bobillo 2012, p. 195-198.
- ↑ Mariño Bobillo 2012, p. 216.
- ↑ Mariño Bobillo 2012, p. 217.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bourgoing, Jean-François; Soler Pascual, Emilio (2012). Universidad de Alicante, ed. Imagen de la moderna España. p. 1039. ISBN 9788497172127.
- Mallol Ferrándiz, José (1992). "Joaquín de Lacroix y Vidal: un ingeniero de Marina ligado a la Real Sociedad Económicas de Amigos del País de Valencia" (PDF). Revista de historia moderna: Anales de la Universidad de Alicante (11): 95–116. ISSN 0212-5862.
- Mariño Bobillo, María Consuelo (2012). Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia, ed. Un capitán para un pueblo: El marqués de Croix, Capitán General de Galicia y Virrey de Méjico. Nalgures 8. pp. 115–223. ISSN 1885-6349.
- Moreno, Roberto (1969). "José Antonio de Alzate y los virreyes". Cahiers du monde hispanique et luso-brésilien 12 (12): 97–114. ISSN 0008-0152.
Predecesor: Joaquín de Montserrat |
Vicerrei de Nova España 1766 - 1771 |
Sucesor: Antonio María de Bucareli y Ursúa |
Predecesor: ? |
Gobernador e Capitán Xeneral do Reino de Galicia 1756 - 1766 |
Sucesor: ? |