Abrir o menú principal

Carlos Anxo Portomeñe Pérez, nado o 11 de decembro de 1968 en Lugo, é un artesán e político galego.

Carlos Portomeñe
 Lugo
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciouse en ciencias políticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Militante do Partido Comunista de Galicia, foi o seu secretario xeral entre 2004 e 2012 e mais é membro do Comité Central do Partido Comunista de España. Encabezou a lista da Alternativa Cidadá de Esquerdas nas eleccións municipais de 2015 en Lugo e accedeu á corporación municipal, repetindo posto nas eleccións municipais de 2019.[1]

Artesán de profesión realizou deseños de máscaras para diferentes espectáculos teatrais, incluíndo producións do Centro Dramático Galego.[2]

NotasEditar