Abrir o menú principal

Carlos Álvarez Fernández-Cid, finado en (Santiago, maio 1918[1] - Ribadeo, 1984), foi un farmacéutico e afecionado á música galego.

Carlos Álvarez Fernández-Cid
Nome completoCarlos Álvarez Fernández-Cid
Falecemento1984
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfarmacéutico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nado en Santiago, chegou a Ribadeo antes de cumprir o ano.

Farmacéutico, deu clases no instituto á súa creación.

A súa faceta como músico é a que fixo del un persoeiro en Ribadeo.

Ós 16 anos era organista da igrexa e director do Coro Parroquial.

Dirixiu a tuna universitaria de Santiago nos anos 1943 e 1944 e tamén a Banda Municipal de Ribadeo no 1946 e logo en 1949.

No 1948 dirixiu unha formación musical en Abres.

Creou en 1955 e mantivo en Ribadeo a Coral Polifónica até o 1983, así como animou diversas outras formacións musicais.

Refundou unha rondalla en funcionamento nos anos 1960 e 70,

CentenarioEditar

Durante o 2018, ano do centenario do seu nacemento, organizados pola Coral Polifónica de Ribadeo e a Sociedade Filantrópico Dramática, preparáronse en Ribadeo diversos actos para a súa celebración, como a descoberta dunha placa na súa casa ou a charla de inicio de curso no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo sobre a súa figura.[1] Ou a edición do libro 'Carlos Álvarez-Fernández Cid, músico'[2].

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Un ano de Centenario". 23/5/2018. Consultado o 24/5/2018. 
  2. vvaa (2018). Carlos álvarez Fernández-Cid músico. Xunta de Galicia. ISBN 9788417094492. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar