Carl Presl
Karel Bořivoj Presl, máis coñecido na bibliografía internacional como Carl Presl ou Karl Presl, nado o 17 de febreiro de 1794 en Praga, e finado na mesma cidade o 8 de outubro de 1852, foi un botánico bohemio.
Karel Bořivoj Presl | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Karel Bořivoj Presl 17 de febreiro de 1794 Praga, Bohemia, Sacro Imperio Romano-Xermánico |
Morte | 8 de outubro de 1852 Praga, Bohemia, Imperio austríaco |
Lugar de sepultura | cemiterio de Vyšehrad (Vyšehradský hřbitov) de Praga |
País de nacionalidade | bohemia |
Formación profesional | Doutor en Medicina e en Filosofía |
Educación | Universidade Carolina de Praga |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | botánico, profesor universitario |
Empregador | Universidade Carolina de Praga |
Membro de | |
Lingua | alemán, latín |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | C.Presl |
Familia | |
Nai | Maria Theresia Anna Presl, nada Straka |
Irmáns | 6, un deles Jan Svatopluk Presl |
Premios | |
Membro da Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina Membro correspondente da Academia prusiana das ciencias | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Allgemeine Deutsche Biographie Obálky knih, |
O seu primeiro nome tamén aparece escrito como Carl ou Carel, ou Carolus, e o seu segundo nome tamén aparece na grafía Bořiwog, Boriwog, Boriwag.[1]
Traxectoria
editarPresl pasou toda a súa vida en Praga, agás no ano 1817, en que fixo unha expedición a Sicilia.
Estudou na Universidade Carolina de Praga da que posteriormente foi profesor de historia natural e tecnoloxía.[2]
O seu irmán máis vello Jan Svatopluk Presl (1791-1849) foi profesor de zooloxía e mineraloxía na mesma Universidade.[2]
En 1820 publicou unha Flora bohemica. Foi o descritor de máis de 4 000 especies de plantas.[1]
En 1837 foi elixido membro da Leopoldina.[3] E desde 1838 Presl foi membro correspondente da Academia prusiana das ciencias..
Obras
editar- Reliquiae Haenkeanae.... 1825–1835
- Flora sicula, exhibens plantas vasculosas in Sicilia... 1826
- "Lepisia, Novum Plantarum Genus". Pragae [Praga], C.Presl, 30 de maio de 1829
- Repertorium Botanicae Systematicae C. Presl, 1, nov-dec. 1833; fasc. 2, 1834 en liña en Galica
- "Epistola de Symphysia, Novo Genere Plantarum, ad Illustrissimum Liberum Baronem Josephum de Jacquin", marzo de 1827
- "Thysanachne, Novum Plantarum Genus". Pragae [Prada], C.Presl, 30 de maio de 1829
- Botanische Bemerkungen, 1844 (obra en latín, introdución en alemán) en liña en Galica
- "Hymenophyllaceae", C.Presl, finais de 1843
- Reliquiae Haenkeanae, 2 volumes en 7 partes, 1825-1835
- "Pedilonia, Novum Plantarum Genus". Pragae [Praga], C. Presl, 15 de maio de 1829
- Beschreibung Zweier Neuen Boehmischen Arten der Gattung Asplenium, C.Presl, 1836
- Epimeliae Botanicae. Pragae [Praga], C.Presl, outubro de 1851
- Tentamen Pteridographiae, C.Presl, 2 de decembro de 1836 en liña en Galica
- Cyperaceae et Gramineae Siculae. Pragae [Praga], C.Presl, 1820
- "Didymonema, Novum Plantarum Genus". Pragae [Praga], C.Presl, 30 de maio de 1829
- Vegetabilia Cryptogamica Boemiae Collecta a Joanne et Carolo, C.Presl Fasc. 1. nº 1 a 25. Marzo de 1812. Fasc. 2. nº 26 a 50. Maio de 1812
- Symbolae Botanicae sive Descriptiones et Icones Plantarum Novarum ... C.Presl, 2 volumes
- "Steudelia, Novum Plantarum Genus". Pragae [Praga], C.Presl, 30 de maio de 1829
- Prodromus Monographiae Lobeliacearum, C.Presl, xull-ago 1836
- Flora Sicula, C.Presl, 1826
- Supplementum Tentaminis Pteridographiae, Continens Genera et Species Ordinum Dictorum Marattiaceae, Ohioglossaceae, Osmundaceae, Schizaeaceae et Lygodiaceae, Pragae [Praga], C.Presl, 1845
- "Polpoda, Novum Plantarum Genus". Pragae [Praga], C.Presl, 30 de maio de 1829
- "Scyphaea, Novum Plantarum Genus". Pragae [Praga], C.Presl, 30 de maio de 1829
- Epimeliae botanicae: cum tabulis quindecim lithographicis – Pragae [Praga]: A. Haase , 1849 en liña en Galica
Honores
editarEpónimos
editarXénero
editarRevista
editar- A revista científica Preslia da Sociedade Botánica Checa, que se publica desde 1914, tamén leva o nome dos dous irmáns.
Abreviatura
editarA abreviatura C.Presl emprégase para recoñecer a Carl Presl como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Presl, Carl (Karl, Carel, Carolus) Bořivoj (Boriwog, Boriwag) (1794-1852) no IPNI.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Lotte Burkhardt (2018): Verzeichnis eponymischer Pflanzennamen – Erweiterte Edition. Teil I und II. Berlin: Botanic Garden and Botanical Museum Berlin, Freie Universität Berlin. ISBN 978-3-9462-9226-5.
- ↑ Karel Presl. Ano de elección: 1837 Arquivado 31 de outubro de 2020 en Wayback Machine. na páxina web da Leopoldina.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carl Presl |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Carl Presl |
Bibliografía
editar- Constantin von Wurzbach (1872): "Prešl, Karl Borsiwoj". En: Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich. 23. Theil. Kaiserlich-königliche Hof- und Staatsdruckerei, Wien, pp. 275–279. (Dixitalizado). (en alemán).
- Ernst Wunschmann (1888): "Presl, Karl". En: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Band 26, Duncker & Humblot, Leipzig, pp 569–572. (en alemán).
- Eva Hoffmannová (1873):Jan Svatopluk Presl, Karel Bořivoj Presl. Melantrich, Prag. (en checo).
- H. Riedl (1983): "Presl Karel Bořivoj". En: Österreichisches Biographisches Lexikon 1815–1950 (ÖBL). Band 8, Verlag der Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Wien, ISBN 3-7001-0187-2, p. 267. (en alemán).
- Robert Zander (1984): Zander Handwörterbuch der Pflanzennamen. Hrsg.: Fritz Encke, Günther Buchheim, Siegmund Seybold. 13., neubearbeitete und erweiterte Auflage. Eugen Ulmer, Stuttgart. ISBN 3-8001-5042-5. (en alemán).