Caracará carunculado

especie de paxaro
Caracará carunculado

Exemplar voando en Ecuador.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Falconidae
Xénero: Phalcoboenus
Especie: P. carunculatus
Nome binomial
Phalcoboenus carunculatus
Des Murs, 1853

O caracará carunculado[2] (Phalcoboenus carunculatus) é unha especie de paxaro de rapina da familia Falconidae. Habita nos páramo dos Andes de Ecuador e Colombia. Distribúese polo sur de Colombia, dende o volcán de Puracé e en boa parte da rexión andina de Ecuador. Non se coñecen subespecies.[3]

Características editar

A lonxitude é de 51 a 56 cm. O aspecto dos adultos é semellante ó do caracará andino (Phalcoboenus megalopterus). Diferénciase en que o carunculado ten o peito e ventre brancos con conchas ben definidas cor gris escura ou negras. A plumaxe dos exemplares novos desta especie é de cor castaña, o peteiro é escuro e as patas son cor óso.

Notas editar