Cabra montés galega
Cabra montés galega | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Última foto realizada a un exemplar vivo en 1908. | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Extinto dende 1892 | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
A cabra montés galega[1] ou cabra montés portuguesa[1] (Capra pyrenaica lusitanica) é unha subespecie extinta da cabra montesa que habitaba antigamente nas zonas montañosas do norte de Portugal, Galicia, Asturias e Cantabria occidental.
TaxonomíaEditar
A subespecie foi descrita en 1872 polo naturalista alemán Hermann Schlegel.[2]
ExtinciónEditar
Este animal foi exterminado debido á caza excesiva e a destrución do seu hábitat a finais do século XIX, desaparecendo en 1890 de España e en 1892 do seu derradeiro refuxio na portuguesa serra do Gerês.
Reintrodución dunha subespecie semellanteEditar
Dende 1993 a Xunta de Galicia está repoboando algunhas zonas de Galicia con cabras montesas da Serra de Gredos, membros da subespecie máis semellante aínda viva, a Capra pyrenaica victoriae da Meseta Central.
Esta política foi imitada por Asturias e está en estudo en Cantabria, aínda que neste caso é máis por motivos cinexéticos e turísticos que polo interese medioambiental.[Cómpre referencia]
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Almaça, C. (1992): "Notes on Capra pyrenaica lusitanica Schlegel, 1872", Mammalia, Paris 56: 121-124.
- Beacham, W. (1997): World Wildlife Fund Guide to Extinct Species of Modern Times. ISBN 0-9338-3340-7.
- Cabrera, A. (1911): "The subspecies of the Spanish ibex". Proceedings of the Zoological Society of London. 1911: 963–967.
- Pérez, J. M.; Granados, J. E.; Soriguer, R. C.; Fandos, P.; Márquez, F. J. and Crampe, J. P. (2002): "Distribution, status and conservation problems of the Spanish ibex, Capra pyrenaica (Mammalia: Artiodactyla)". Mammal Rev. 32 (1): 26-39.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- A cabra montesa galaica, a triste historia dunha extinción no blog Historia de Galicia. Inclúe unha descrición da subespecie e as diferenzas coas outras subespecies.