Capela do Ciprés
A capela do Salvador, de San Salvador, ou capela do Ciprés, é unha sinxela construción relixiosa que data do século IX e que se atopa tras do mosteiro de Samos (Samos).
Capela do Ciprés | |
---|---|
Capela do Ciprés | |
País | España |
Localización | Samos |
Coordenadas | 42°44′00″N 7°19′30″O / 42.733333333333, -7.325 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarConserva a estrutura dun oratorio mozárabe afín ao culto que divide o espazo na cela ministerial e a nave principal percorrida por unha bancada datada no século XII. Non destaca nin polas súas dimensións nin polo seu exterior que ten como protagonista principal a cachotería de lousa da zona. O interior agocha uns importantes frescos, datados no século X que representan cruces, portadas, alfices, pigmentacións difíciles de atopar nesas terras[Cómpre referencia], decoracións florais etc.
Historia
editarA súa localización, abrazada polo río e protexida por antigas construción, pode levar a pensar que a capela se sitúa onde estaba o primeiro mosteiro de Samos[Cómpre referencia]. Posteriormente serviu de oratorio para os monxes, e logo caeu en abandono, e foi un pendello onde se gardaban aveños de traballar no campo.
A capela recibe este nome por un ciprés próximo de 27 m de altura. Foi declarada monumento nacional en 1944.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Villa-amil y Castro, José (facsímile: 2005) 1904. Imprenta de San Francisco de Sales (facsímile: Ed. Órbigo, A Coruña), ed. Iglesias gallegas de la Edad Media, colección de artículos publicados por (en castelán). Madrid. p. 410. ISBN 84-934081-5-8.