Un alfiz é un termo de orixe árabe (al-ifriz) que designa a moldura ornamental, xeralmente de forma rectangular, que envolve os arcos do estilo árabe e que pode arrancar desde as impostas ou desde o chan[1]

Alfiz abrazando dous arcos mozárabes en Santiago de Peñalba (León)

O seu uso é xeral na arquitectura musulmá, especialmente na arte islámica da Península Ibérica, influíndo así na arte mozárabe e cristiá.

Existen dous tipos de alfices:

  • A: o que nace das impostas do arco.
  • B: o que nace directamente do chan.
Tipos de alfices

Notas editar

  1. Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC

Véxase tamén editar

Outros artigos editar