Capela Notre Dame du Haut

capela en Ronchamp, Francia

A capela Notre Dame du Haut (nome completo en francés: Chapelle Notre-Dame-du-Haut de Ronchamp), coñecida informalmente como Ronchamp, é unha capela de culto católico construída entre 1950 e 1955 en Ronchamp, Francia polo arquitecto Le Corbusier, sendo un dos exemplos máis destacables de arquitectura relixosa no século XX.

Capela Notre Dame du Haut - A obra arquitectónica de Le Corbusier, unha contribución excepcional ao Movemento Moderno
RonchampsBruxelles.jpg
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísFlag of France.svg Francia
LocalizaciónRonchamp, Franco Condado
TipoCultural
Criteriosi, ii, vi
Inscrición2016
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1321

Foi declarada Patrimonio da Humanidade como parte do conxunto «Obra arquitectónica de Le Corbusier - Contribución excepcional ao Movemento Moderno» no ano 2016. Recibe cada ano unhas 80.000 visitas.

LugarEditar

A capela atópase nun outeiro preto de Belfort, no leste de Francia. Nese lugar, existía unha capela de peregrinación adicado á Virxe María, pero foi destruído durante a Segunda Guerra Mundial.[1]

Para algúns críticos, a natureza que rodea o conxunto arquitectónico posúe moitas semellanzas coa Acrópole de Atenas, dende o ascenso no fondo do outeiro ata os eventos arquitectónicos e da paisaxe ó longo do camiño, xa que non se pode ver o edificio ata que non se alcanza case totalmente o cume do monte.

ArquitecturaEditar

Le Corbusier abandona neste edificio os seus principios de estandarización e da máquina estética, construíndo un edificio específico para o lugar. A planta da igrexa está composta dunha nave de formas curvilíneas, con dúas entradas nos costados, un altar principal e tres capelas baixo as torres. No exterior, na súa fachada leste, e pechada polos muros e a cuberta, existe tamén un altar e un púlpito para a celebración de misas ao aire libre.

A súa estrutura é de formigón armado e cachotaría. A cuberta, composta exlusivamente de formigón armado, é o resultado da inversión dunha cúpula tradicional, sendo convexa cara abaixo e cóncava cara arriba. Está parcialmenta apoiada en piares, deixando unha franxa de separación entre a mesma e os cerramentos, pola cal penetra a luz ao interior.

 
Vista do outeiro no que se atopa a capela.

AmpliaciónEditar

En 2011 levouse a cabo unha obra de ampliación do conxunto, levada a cabo por Renzo Piano en colaboración co paisaxista francés Michel Corajoud. Esta ampliación non interfire na visión dende a capela e ábrese cara á paisaxe. Este novo edificio substitúe o antigo centro de visitantes.

NotasEditar

  1. Bianchini, Riccardo. "Notre Dame du Haut Chapel by Le Corbusier – Ronchamp" (en inglés). 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar