Cantiga de mestría

A cantiga de mestría[1] é, dentro da lírica medieval galego-portuguesa, unha composición estrófica que segue un esquema métrico do tipo: abbacca, abbaccb, ababcca, ababccb; carece de retrouso, en contraposición á cantiga de refrán.

Polo tanto, pódese identificar como un tipo de estruturación dende o punto de vista métrico propio da poesía lírica galego-portuguesa. Acostuma a mostrarse nos manuais de historia da literatura como contraposición a outro estilo de métrica denominada cantiga de refrán, sendo a súa diferenciación principal, como o seu nome indica, a presenza dun refrán ao final de cada estrofa, aportando un carácter regresivo á composición, contra o carácter progresivo e continuado da cantiga de mestría.

Historia e características editar

Antecedentes editar

As cantigas son poesías cantadas que combinan a música e a literatura. Popularizáronse nos séculos XII e XIV, especialmente no territorio galego-portugués e eran recitadas por xograres e trobadores, quen escribían as letras, poñían música e as interpretaban. En función da súa composición ou estrofas, poden clasificarse en cantigas de refrán ou cantigas de mestría.

A súa orixe está na poesía dos trobadores provenzais, os mesmos que a nomearon así por ser esta o tipo de cantiga máis perfecta, máis artísticas e libre de todo artificio popular. Aínda que gran parte da lírica galego-portuguesa bebe da tradición culta da cançó provenzal, esta sufrirá un cambio na súa adaptación a tradición lírica do noroeste peninsular, onde se fusionará co estilo local de vello dándolle así un carácter máis afastado da súa orixe culta. Isto manifestarase en feitos como a práctica ausencia de versos isosilábicos, resultado propio dunha mestura de poesía coa lírica oral.

Polo tanto, a cantiga de mestría pódese entender como o estilo de métrica máis próximo a este xénero trobadoresco medieval do sur de Francia, xa que conserva con maior fidelidade esa tradición culta referida anteriormente.

En definitiva, a cantiga de mestría é a composición estrófica que se emprega nas cantigas, que consta de catro estrofas de sete versos octosílabos e decasílabos. Na obra A cantiga de Amor de Vicenç Beltran, recolle a conclusión de J.M. d’Heur: din que é probábel que, nas súas orixes, a cantiga de mestría proceda da adaptación das formas provenzais, mentres as de refrán sexan autóctonas, e de aí a súa estreita vinculación coa cantiga de amigo. Como observa Vicenç Beltran, este proceso debeu asociarse a unha profunda hibridación de ambas tradicións, se temos que xulgar pola frecuencia con que o refrán aparece nas cantigas de amor.

Autores máis representativos editar

Temática editar

En canto a temática da cantiga de mestría existen varias controversias, non ten un único xénero. Está moi ligada ás cantigas de escarnio de e as castigas de amor, xa que son estas as que máis a empregan, mentres que as de amigo utilizan máis o refrán. Entón pese a encontrar cantigas de amigo con mestría, esta e métrica particular das cantigas de amor e cantigas de escarnio.

Aspectos formais editar

A estrutura propia da cantiga de mestría mostra catro estrofas de sete versos octosílabos ou decasílabos, sen refrán ao remate das estrofas.

Baixo estas liñas móstrase un exemplo de cantiga de amor, con métrica de cantiga de mestría, do autor João Lopes de Ulhoa. Conta con catro estrofas de sete versos cada unha, sendo estes decasílabos en todos os casos, e cun esquema rítmico idéntico en cada estrofa: ABBACCA.

 
Músico tocando as campás

A mia senhor que me foi amostrar
A mia senhor, que me foi amostrar
Deus por meu mal, por vos eu nom mentir,
eque sempr’eu punhei de a servir
muit', houve gram sabor de m’enganar:
ca me falou primeir’, u a vi, bem;
e pois que viu que perdia o sem
por ela, nunca m’er quiso falar.
E se m’eu dela soubesse guardar,
quando a vi, punhara de guarir;
mais foi-m'ela bem falar e riir,
e falei-lh'eu; e nom a vi queixar,
nem se queixou que a chamei “senhor”!
e pois me viu mui coitado d’amor,
prougo-lhe muit’e nom m’er quis catar!
E pois me queria desemparar,
quando a vi, mandasse-me partir
lodo de si! E mandasse-m'end’ir!
mais nom lhe vi de nulha rem pesar
que lh’eu dissesse, tam bem me catou!
pois viu que seu amor me forçou,
leixou-,’assi desemparad’andar.
E deferená dev’end’a filhar
tod'home, que dona fremosa vir,
de mim: e guarde-se bem de nom ir,
com'eu fui log’, em seu poder entrar;
ca lháverrá com’avero a min:
servi-a muit’, e pois que a servi,
fez-mi aquesto quiant’oídes contar!

Antoloxía editar

As cantigas de mestría teñen unha autoría moi diversa e son propias dos autores máis antigos. Véxase unha antoloxía dos autores da cantiga de mestría coas súas correspondentes obras:

Notas editar

  1. Ficha Arquivado 31 de marzo de 2019 en Wayback Machine. no Dicionario de Termos Literarios' do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar