Canterbury RFU

(Redirección desde «Canterbury Rugby Football Union»)

Canterbury Rugby Football Union é o organismo que regula as competicións de rugby na rexión de Canterbury, en Nova Zelandia. O seu equipo representativo, con sede en Christchurch, é un dos 14 equipos rexionais que compoñen o campionato nacional de liga (chamado ITM Cup por razóns económicas), unha das competicións de rugby máis importantes do mundo.

Canterbury RFU
NomeCanterbury Rugby Football Union
Fundación1883
SedeChristchurch, Nova Zelandia
Estadio(s)AMI Stadium
Capacidade38.600 persoas espectadores
Liga(s)ITM Cup
2011Campión
Casa
Na rede
http://www.crfu.co.nz

Palmarés editar

O Canterbury RFU é o segundo equipo máis laureado da liga neozelandesa de rugby.

Competicións nacionais editar

  • ITM Cup (9) = 1977, 1983, 1997, 2001, 2004, 2008, 2009, 2010, 2011
  • Ranfurly Shield = 14 conquistas e 129 defensas

Competicións internacionais editar

Estadio editar

 
Vista do AMI Stadium de Christchurch.

O AMI Stadium é o estadio no que xoga os seus encontros como local o Canterbury RFU. É un recinto cunha capacidade superior a 38.000 persoas.

Neste estadio tamén disputa os seus encontros o conxunto de Crusaders do Super Rugby, e nalgunhas ocasións nel tamén se disputan encontros de crícket.

 
Rexións do rugby en Nova Zelandia.

O estadio quedou moi danado tralo sismo que sufriu a cidade de Christchurch a comezos do ano 2011, polo cal foi retirado da lista de estadios da Copa do Mundo de Rugby 2011.

Xogadores históricos editar

Ó longo da historia do rugby neozelandés, Canterbury RFU achegou ducias de xogadores á Selección de rugby de Nova Zelandia. Algúns dos xogadores máis importantes foron Andrew Mehrtens, Richie McCaw, Daniel Carter, Justin Marshall ou Ian Kirkpatrick.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar