Cantautor, cantautora

persoa que compón e canta a súa propia musica
(Redirección desde «Cantautores»)

Cantautor é un artista que, por norma xeral, adoita escribir e interpretar a letra e a música das súas propias cancións. Nas súas cancións acostuma incorporar temáticas sociais, políticas e filosóficas. Durante un tempo denominouse a este tipo de música canción protesta.

Caetano Veloso
Woody Guthrie

Historia editar

A canción de autor ten unha gran tradición nos países de cultura mediterránea de Europa e na maior parte de América Latina. É un xénero reivindicativo, que critica as inxustizas sociais e que xera sobre todo, cancións sobre o tema do amor e o desamor. Este tipo de música tivo a súa época dourada nos anos 60 e 70 (ligado aos movementos sociais e políticos que se estaban desenvolvendo nesa época). Nos anos 80 entrará en crise, aínda que iso non significa que non aparecesen novos cantautores durante este período.

Durante os 90 rexurdiu cunha nova fornada de novos autores que revolucionaron a tradicional música de autor; así a todo, moitas veces interpretouse este rexurdimento da canción de autor (de carácter menos reivindicativo ca en décadas anteriores) como unha campaña das discográficas.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar