Cando Hitler roubou o coello rosa

libro de Judith Kerr

Cando Hitler roubou o coello rosa[1] (en inglés: When Hitler Stole Pink Rabbit) é unha novela xuvenil de Judith Kerr, publicada por primeira vez en 1971, foi o seu terceiro libro[2].

Cando Hitler roubou o coello rosa
Título orixinalWhen Hitler Stole Pink Rabbit
Autor/aJudith Kerr
OrixeReino Unido
LinguaInglés
ColecciónXuvenil Alfaguara n.º 18
Tema(s)Literatura xuvenil
Xénero(s)Novela
Editorial Puffin Books
Galicia Alfaguara
Data de pub. 1971
Galicia 1990
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas247
ISBNISBN 84-204-5059-6
TraduciónMaría Carme Ares Vázquez
editar datos en Wikidata ]

Ideada como unha triloxía denominada Out of the Hitler Estafe, a novela é a primeira parte da serie. En certo xeito, a obra é de carácter autobiografico, pois está baseada sobre os primeiros anos de vida da autora. Judith Kerr, que dedicou este libro aos seus pais, representa a infancia perdida duns nenos nunha época terrible, o nazismo.[3][4][5]

Foi traducido ó galego por María Carme Ares Vázquez e foi publicado pola editorial Alfaguara no ano 1990, co número 18 na colección Xuvenil Alfaguara.[1]

Trama editar

Os protagonistas, Max e Anna, son dous nenos alemáns que viven en Berlín cos seus pais durante o acceso de Adolf Hitler ao poder. Desde un principio sabemos que son xudeus, pois o seu pai explicoulles recentemente que proceden do pobo hebreo. Teñen 9 e 12 anos, respectivamente, e a súa familia vive nunha gran casa de Berlín, onde tamén viven Bertha, empregada da familia, e Heimpi, ama de chaves e gobernanta, cuxo verdadeiro nome é Heimpel, e cuxo cometido non é outro que coidar de Anna e Max. Os nenos teñen varios amigos. A mellor amiga de Anna chámase Elsbeth; o mellor amigo de Max é Gunther. O pai dos dous nenos é un famoso escritor alemán que saca adiante á familia cos seus artigos na prensa e os seus libros. A nai pasa o tempo tocando o piano e os nenos asisten aos mellores colexios berlineses.

A historia comeza en febreiro de 1933. Hai carteis electorais polas rúas con motivo das anunciadas eleccións xerais en Alemaña. Anna e Elsbeth volven da escola e a nena observa numerosos carteis nos que aparece a faciana de Hitler. De regreso a casa, Anna ve a Max e Gunther xogar no xardín á guerra contra os nazis e estes contan a loita nada aquela mañá no colexio entre os mozos nazis e os chamados socis. O pai de Anna, obrigado a permanecer na casa pola gripe, recibe unha chamada dunha admiradora que lle avisa de que se gañan as eleccións os nazis estes teñen a intención de retirar os pasaportes aos xudeus. Pronto o pai comprende que ha de abandonar o país. Así, unha noite, o pai de Anna e Max organiza a súa travesía e sae para Praga. Nos días seguintes a nai de Anna dilles a ela e ao seu irmán que non falen con ninguén da saída do pai, e organiza a travesía para o tren, que alcanzará ao pai non en Praga, senón en Suíza. Durante as semanas que faltan para a súa saída os mozos e a nai, coa axuda de Heimpi, preparan as cousas para levar. Anna, ao facer a súa equipaxe atópase cun dilema: levar consigo o seu vello peluche, o seu querido coello rosa, ou levar o novo peluche que recibira por Nadal. A só un par de días das eleccións Anna, Max e a nai collen o tren para Zúrich. Anna pensa que esta fuxida é algo pracenteiro, non comprende a gravidade da situación. Ao mesmo tempo é feliz, porque vai descubrir cousas novas.

Premios e influencia editar

O libro gañou a Deutscher Jugendliteraturpreis de 1974. Adoita ser empregado nas escolas alemás e británicas[4] como unha introdución a esa época histórica e tamén á experiencia de ser un refuxiado.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Cando Hitler roubou o coello rosa. Traducido por María Carme Ares Vázquez (1ª ed.). Madrid: Alfaguara. 1990. ISBN 84-204-5059-6 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Yorio, Kara (23-5-2019). "Readers Mourn, Celebrate Author Judith Kerr, Who Has Died at 95". School Library Journal (en inglés). Consultado o 11-6-2019. 
  3. Armitstead, Claire (27-7-2015). "When Hitler Stole Pink Rabbit by Judith Kerr – an adult story in a children's book". theguardian.com (en inglés). Archived from the original on 01-12-2017. Consultado o 11-6-2019. 
  4. 4,0 4,1 Moss, Richard (7-9-2009). "When Hitler Stole Pink Rabbit: how Seven Stories is using the Judith Kerr archive". culture24.org.uk (en inglés). Archived from the original on 12-10-2012. Consultado o 11-6-2019. 
  5. "Judith Kerr: A Portrait of a Fascinating Life". .booktrust.org.uk (en inglés). 1-4-2010. Archived from the original on 03-12-2013. Consultado o 11-6-2019.