Can Vies

O Centre Social Autogestionat é un centro social auto-xestionado (CSA) agachou desde 1997. O edificio foi construído en 1879 como unha casa, remodelada para a construción do metro L1. Sobreviviu a un intento de desaloxo fallou en 2014


Can Vies é un centro social autoxestionado (CSA) okupado, creado en 1997. Está situado no Carrer dels Jocs Florals 40-42, no barrio de Sants de Barcelona. O edificio construíuse en 1879 para vivendas.[1] Foi remodelado pola construción da chamada Línia Transversal do metro de Barcelona, xa que se atopa xunto á estación de Mercat Nou da liña 1 da rede. Neste espazo desenvólvense principalmente actividades culturais, sociais e políticas.

Detalle da fachada de Can Vies

HistoriaEditar

Usos anterioresEditar

Construído en 1879, era na súa orixe un edificio residencial. En 1923, cando se construíu a Línia Transversal do Metro de Barcelona, o edificio foi mercado para construír baixo del o túnel por onde pasarían as vías. O edificio empregouse como almacén de materiais e oficinas para a construción desta liña de metro. Posteriormente converteuse no edificio das e dos traballadores do metro, e foi colectivizado durante a Guerra Civil Española polo sindicato CNT.

Durante o franquismo, o edificio foi a sección sindical do metro do Sindicato Vertical. Engadíuselle un anexo para unha capela adicada á Virxe de Montserrat, patroa de Cataluña. Foi a sede do Círculo Social Metropolitano, unha entidade creada o 13 de novembro de 1943 que xestionaba actividades deportivas, artísticas e de lecer, activa até 1985. Daquela contaba cun salón de actos, unha sala de xuntas, un local de ensaio do Orfeón Social Metropolitano e un laboratorio fotográfico. As obras de teatro tamén se ensaiaban na capela.

Tamén foi sede das Escolas Comerciais Montserrat, que posteriormente se trasladarían á Rambla de Badal, números 113-119, onde se atopa actualmente o CEIP Cavall Bernat. Tras seren legalizados os sindicatos, o edificio continuou a cumprir as súas funcións como edificio das e dos traballadores. Albergou a sede do dispensario e diversas oficinas sindicais. A principios dos 90 o edificio sufriu varios incendios, nun período en que os traballadores estaban en conflito laboral coa empresa TMB.

OkupaciónEditar

O 10 de maio de 1997, o edificio foi okupado por xente moza do barrio, como resposta á falta de espazos onde desenvolver actividades tanto recreativas como políticas. En resposta, TMB presentou unha demanda en 1998.

Aproveitando a chegada do AVE a Barcelona, o Concello aprobou un plan de reordenación urbanística. Este afectaba a varios inmobles da zona, incluído Can Vies, para convertelos en edificios de vivendas particulares.[2]

O 1 de febreiro de 2007, no xuízo polo desaloxamento de Can Vies, foi desestimada a demanda de Ferrocarril Metropolità de Barcelona (TMB). Dita empresa, dependente de TMB e xestora do metro de Barcelona, fixera un contrato de cesión do edificio á CNT en 1984, polo que é o sindicato o que utiliza o local. A sección ferroviaria da CNT solicitáralle á FMB un espazo para as súas actividades. A empresa cedeu Can Vies, co dereito a revogar a decisión en calquera momento, mais non o fixo. Tras a escisión da CNT, a CXT abriu o local a varias entidades.

Organización e participaciónEditar

O órgano de decisión máximo do CSA Can Vies é a asemblea. Funciona por consenso, de xeito horizontal, sen xerarquías nin representantes, a través da responsabilidade colectiva. Participa na Assemblea de Barri de Sants e mais na Assemblea d'Okupes de Barcelona. Forma parte, amais, doutras iniciativas, como a campaña contra a Ordenança del Civisme e diversas campañas antirepresivas.

UsosEditar

Unha parte de Can Vies utilízase como vivenda e outra, como centro social. Nesta celébranse asembleas, festas, obradoiros de teatro, coloquios, mesas redondas, debates, representacións teatrais e actuacións musicais, presentacións de libros, proxeccións de películas ou documentais ou xantares populares, entre outras actividades. Can Vies é tamén a sede da redacción e a maquetación da revista La Burxa,

O espazo tamén foi o berce da Colla Bastonera de Sants, unha agrupación a prol da cultura popular catalá. Tamén participan ou participaron moitos colectivos, como a Assemblea de Joves de Sants, o colectivo anarcoindependentista Negres Tempestes ou o Colèctiu de Cinema. Entre os grupos musicais nados neste espazo están Pirat's Sound Sistema.

Can Vies fora un símbolo gañado ao PP, gañado a Aznar, gañado a García-Valdecasas. Foi un centro cívico. Por el pasaron miles e miles de mozos que hoxe están a traballar.

Intento de desafiuzamento e demoliciónEditar

 
Estado de Can Vies o 29 de maio
Artigo principal: Protestas de Sants de 2014.

O Concello de Barcelona ditou unha orde de desafiuzamento que as entidades de Can Vies intentaran anular sen éxito.[4] O 26 de maio de 2014, xusto o día seguinte das eleccións ao Parlamento Europeo, houbo unha ampla despregadura dos Mossos d'Esquadra. Despois de seis horas de resistencia, executouse a orde de desaloxo do edificio. Ese mesmo día, o edificio foi demolido.

Estes acontecementos provocaron unha forte reacción veciñal e varias accións violentas, como a queima da escavadora empregada para derrubar o edificio. Varias manifestacións remataron coa queima de colectores.[5] A forte resposta policial tivo como consecuencia a solidariedade doutros barrios de Barcelona e arredores. O 28 de maio houbo concentracións de protesta en varias cidades do Estado,[6] o que se coñeceu como efecto Can Vies.[7][8][9][10][11]

Reconstrución e continuidadeEditar

 
Inicio da reconstrución de Can Vies

O 31 de maio de 2014, o Concello de Barcelona anunciou que a demolición do edificio ficaba paralizada.[12] A asemblea decidiu volver okupar o espazo e restauralo.[13] Para esta reconstrución lanzaron unha campaña de micromecenado[14] que superou as expectativas da organización.[15] Como resultado, refundouse a asemblea cos obxectivos de reconstruír o edificio e reiniciar as actividades do centro social.

A asemblea semanal está integrada na actualidade polos colectivos La Burxa, la Trama Feminista, Negres Tempestes, a Comissió Antirepressiva de Sants, Acció Llibertària de Sants, Niu d'agulles (obradoiro de costura), a Universitat Lliure de Sants ou os Músics Can Vies, entre outros.[16]

Debate político institucionalEditar

A continuidade do proxecto alén do intento de desafiuzamento de maio de 2014 provocou un intenso debate político na cidade. O Concello chegou mesmo a celebrar un pleno extraordinario dedicado a dita cuestión.[17]

O tema prolongouse até as eleccións municipais de Barcelona de 2015. O CSA Can Vies foi un dos principais eixos de debate, tanto na xestión do intento de desafiuzamento como na súa continuidade. O debate institucional foi reintroducido nas eleccións municipais de Barcelona de 2019, pois algúns partidos políticos reabriron o tema.[18]

NotasEditar

  1. Documental #ResiliènciaCV Una història del CSA Can Vies minut 7
  2. racocatala.cat, ed. (27.05.2014). http://www.racocatala.cat/noticia/34025/can-vies-cau-edifici-historic-lluites-socials.  Falta o |title= (Axuda)
  3. Modelo:Ref-notícia
  4. El Punt Avui, ed. (21 maig 2014). http://www.elpuntavui.cat/noticia/article/2-societat/5-societat/743292-els-ocupants-de-can-vies-i-lajuntament-de-barcelona-trenquen-negociacions.html.  Falta o |title= (Axuda)
  5. Ara (ed.). http://www.ara.cat/societat/can_vies-barcelona-sants-xavier_trias_0_1147085423.html.  Falta o |title= (Axuda)
  6. . 27/5/2014 http://www.vilaweb.cat/noticia/4194187/20140527/tornen-avalots-sants-demolicio-can-vies.html.  Falta o |title= (Axuda)
  7. El Pou Digital, ed. (02/06/2014). http://www.elpou.cat/noticia/1540/efecte/can/vies.  Falta o |title= (Axuda)
  8. Catalunya Plural, ed. (06/06/2014). http://www.eldiario.es/catalunyaplural/Efecte-Can-Vies-preventives-identificacions_0_268073194.html.  Falta o |title= (Axuda)
  9. Nació Digital, ed. (30/05/2014). http://www.naciodigital.cat/noticia/69503/ada/colau/augura/efecte/can/vies/es/quedara/curt.  Falta o |title= (Axuda)
  10. Ara, ed. (23/08/2014). http://www.ara.cat/premium/societat/Festes-Sants-arrenquen-Can-Vies_0_1198680286.html.  Falta o |title= (Axuda)
  11. Cadena Ser, ed. (07/07/2014). http://cadenaser.com/emisora/2014/07/07/radio_barcelona/1404686648_850215.html.  Falta o |title= (Axuda)
  12. http://www.naciodigital.cat/noticia/69490/barcelona/paralitza/obres/demolicio/can/vies.  Falta o |title= (Axuda)
  13. . 31/5/2014 http://www.elpuntavui.cat/noticia/article/2-societat/5-societat/747647-inicien-la-reconstruccio-popular-de-can-vies.html.  Falta o |title= (Axuda)
  14. . 18/6/2014 http://www.324.cat/noticia/2429233/catalunya/Campanya-de-micromecenatge-per-reconstruir-Can-Vies.  Falta o |title= (Axuda)
  15. . 29/7/2014 http://www.elpuntavui.cat/noticia/article/4-economia/18-economia/764991-can-vies-recapta-90000-euros-en-aportacions.html.  Falta o |title= (Axuda)
  16. BTV, ed. (26/5/2016). http://www.btv.cat/btvnoticies/2016/05/26/dos-anys-despres-del-desallotjament-de-can-vies-el-centre-sha-reconstruit-pero-el-futur-es-incert/.  Falta o |title= (Axuda)
  17. . 15/06/2014 https://www.lavanguardia.com/local/barcelona/20140613/54408971480/pleno-can-vies-fragilidad-politica-barcelona.html.  Falta o |title= (Axuda)
  18. . 17/05/2019 https://www.metropoliabierta.com/distritos/sants-montjuic/can-vies-alcaldables-barcelona_16596_102.html.  Falta o |title= (Axuda)

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar