Abrir o menú principal

Liña 1 do metro de Barcelona

L1
Vías da estación de Espanya

A liña 1 ou liña vermella do metro de Barcelona é unha liña de ferrocarril metropolitano soterrada que dá servizo na cidade de Barcelona, l'Hospitalet de Llobregat e Santa Coloma de Gramenet. É a segunda liña máis antiga do metro, a máis longa da rede e a única con vía de largo ibérico antigo.

A liña inaugurouse o 1926 co nome de Metropolitano Transversal para unir as terminais ferroviarias que xurdiran en Barcelona. Actualmente une as estacións de Hospital de Bellvitge e Fondo, nun trazado de dobre vía soterrada. As cocheiras atópanse en Santa Eulàlia e La Sagrera, e os talleres na estación de Hospital de Bellvitge. Actualmente ten 20,7 quilómetros de lonxitude e trinta estacións.[1]

Estacións da liña 1

NotasEditar

  1. Transports Metropolitans de Barcelona, ed. (10 de xullo de 2010). "A rede de Metro de TMB chega aos 100 km coa prolongación da L2 ao centro de Badalona". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2010.