Campo de concentración da Lavacolla

campo de concentración do franquismo na Lavacolla, Santiago de Compostela

O campo de concentración da Lavacolla foi un campo de prisioneiros franquista que funcionou entre 1937 e 1939.

Modelo:Xeografía físicaCampo de concentración da Lavacolla
Tipocampo de concentración
centro penitenciario Editar o valor en Wikidata
Parte deCampos de concentración franquistas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaA Lavacolla, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°53′56″N 8°25′28″O / 42.898933, -8.424453

Historia e características

editar

En xuño de 1935 inaugurouse na Lavacolla un campo de voo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, as autoridades franquistas instalaron alí un campo de prisioneiros. O campo da Lavacolla foi pechado en novembro de 1939.

As autoridades consideraron que o campo de voo da Lavacolla podería converterse no aeroporto de Galicia, pero precisábase ampliar a capacidade das instalacións. Para iso recorreron ao traballo dos presos. Dende 1940, varios batallóns traballaron nas instalacións para converter Lavacolla nun aeroporto transoceánico. Encargaron a construción de varias pistas ao batallón número 31, formado por 388 prisioneiros. Confinaron aos traballadores nunha antiga fábrica de curtidos, propiedade de Juan Hanguindey Broussain e posteriormente adquirida por Jacobo Varela de Limia. Os prisioneiros castigados eran encerrados nun hórreo de cantería de grandes dimensións xunto ao que pasaban nenos que lles daban pan e espigas de millo.

Segundo o relato dos prisioneiros o batallón da mañá tiña que estar formado ás cinco. Dábanlles un cazo de café e levábanos formados de cinco en cinco e collidos da man. Tiñan que percorrer tres quilómetros antes de chegar ás obras. O outro batallón entraba ás 13:00 horas, ata ás 19:00. Ceaban ás 23:00 horas coles cocidas. O traballo era agoniante, tiñan que cavar e cargar oito ou dez vagonetas de metro e medio de terra e levalas por unha vía, para ir aplanando uns cerros". Dábanlles pouca roupa e ningún diñeiro. Cando escapaba algún prisioneiro, castigábanos facendo instrución despois do traballo. A morte era case segura para os que non recibían víveres da familia.

Os prisioneiros do campo popularizaron a canción:

"Si quieres saber, Mercedes
dónde está mi paradero
campo de concentración, fábrica de Lavacolla
donde ando prisionero.
Al entrar en Lavacolla
lo primero que se ve
es un pico y una pala,
y un porrón para beber".

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Santidrián Arias, Víctor. Diario del soldado republicano Casimiro Jabonero. Campo de concentración de Lavacolla. Prisión de Santiago de Compostela, 1939-1940. Fundación 10 de Marzo. 

Ligazóns externas

editar