Campionato do mundo de Superbikes
O campionato do mundo de superbikes ou SBK é un campionato de motos que se iniciou en 1988. Téntase que compitan motos derivadas das de serie, de feito, para participar cunha moto, esta ten que terse fabricado e posto en venda un número determinado de unidades. Esta é a gran diferenza respecto ao campionato de prototipos que é o mundial de velocidade.
| |||
Tipo | motorcycle racing series (en) | ||
---|---|---|---|
Deporte | Superbike (pt) e Motociclismo de velocidade | ||
Organizador | Federación Internacional de Motociclismo | ||
Localización e Datas | |||
Localización | mundial | ||
Vixencia | 1988 – | ||
Período de ocorrencia | 1 ano | ||
Outro | |||
Páxina web oficial | worldsbk.com | ||
O tipo de motos que participan neste campionato son de catro tempos e distintas cilindradas, dependendo do número de cilindros. Así as tetracilíndricas non superan os 750cc, as tricilíndricas os 900cc e as bicilíndricas os 1000cc.
A partir de 2005 introduciuse un pneumático único da marca Pirelli, e permitiulle as tetracilíndricas competiren sen restritores, co que a categoría evidenciou unha grande igualdade técnica.
As motos que compiten no campionato son: Aprilia, BMW, Ducati, Honda, Kawasaki, MV Agusta, Yamaha