Campionato de Galicia de fútbol 1918/19

O Campionato de Galicia 1918/19 foi a quinta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en xaneiro de 1919 e rematou en marzo do mesmo ano. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.[1]

Inscribíronse o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club, o Real Club Coruña, o Deportivo da Coruña e o Pontevedra Athletic Club.[2] O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas.[3] O Pontevedra Athletic foi descualificado[4] por se retirar do campo poucos minutos antes da fin do tempo regulamentario en protesta pola actuación do árbitro durante un partido fronte ó Coruña.[5][6][7] Proclamouse campión o Vigo Sporting Club.[4]

Calendario editar

Primeira volta editar

Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
1 26 de xaneiro Monelos R.C. Coruña Vigo Sporting 4–4 Informe
2 2 de febreiro Bouzas Fortuna de Vigo Deportivo da Coruña 6–1 Informe
3 9 de febreiro Riazor Deportivo da Coruña R.C. Coruña 3–2 Informe
3 9 de febreiro Coia Vigo Sporting Fortuna de Vigo 1–1 Informe
4 16 de febreiro Riazor Deportivo da Coruña Vigo Sporting 0–2 Informe
5 23 de febreiro Monelos R.C. Coruña Fortuna de Vigo 4–2 Informe

Segunda volta editar

Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
6 2 de marzo Coia Vigo Sporting R.C. Coruña 3–0 Informe
7 9 de marzo Riazor Deportivo da Coruña Fortuna de Vigo 2–1 Informe
8 16 de marzo Monelos R.C. Coruña Deportivo da Coruña 2–3 Informe
8 16 de marzo Bouzas Fortuna de Vigo Vigo Sporting 3–1 Informe
9 19 de marzo Coia Vigo Sporting Deportivo da Coruña 3–0 Informe
10 23 de marzo Bouzas Fortuna de Vigo R.C. Coruña 4–0 Informe

Partidos anulados editar

Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
1 26 de xaneiro Bouzas Fortuna de Vigo Pontevedra Athletic 5–0 Informe
4 16 de febreiro Pasarón Pontevedra Athletic R.C. Coruña 2–2 Informe
5 23 de febreiro Pasarón Pontevedra Athletic Deportivo da Coruña 1–1 Informe
6 2 de marzo Pasarón Pontevedra Athletic Fortuna de Vigo 0–6 Informe
7 9 de marzo Coia Vigo Sporting Pontevedra Athletic 9–3 Informe
9 19 de marzo Monelos R.C. Coruña Pontevedra Athletic    3–2(1) Informe
(1) O Pontevedra Athletic retirouse poucos minutos antes da fin do encontro.[5][6][7]

Clasificación editar

Pos Equipo X G E P GF GC DG Pts Clasificación ou descenso
1. Vigo Sporting 8 5 2 1 14 8 +6 12 Clasificación para a Copa de España 1919
2. Fortuna de Vigo 8 5 1 2 17 9 +8 11
3. Deportivo da Coruña 8 5 0 3 9 16 −7 10
4. R.C. Coruña 8 3 1 4 12 19 −7 7
5. Pontevedra Athletic 6 0 2 4 8 26 −18 0 Descualificado

Os puntos dos partidos do Pontevedra Athletic foron concedidos ós seus rivais trala descualificación.

Controversias editar

Descualificación do Pontevedra Athletic editar

Durante o encontro da segunda volta en Monelos entre o Pontevedra Athletic e o Real Club Coruña, os xogadores pontevedreses retiráronse do terreo de xogo cando faltaban poucos minutos para remata-lo partido en sinal de protesta pola arbitraxe de García Luna (secretario do Vigo Sporting), que consideraban parcial.[5][6][7] Por estes feitos, a Federación Galega de Fútbol descualificou o Athletic, inhabitouno por tres meses e impúxolle unha multa de 250 pesetas.[4] O Coruña, o Deportivo e o Fortuna pediron que o castigo fose levantado, pero a FGF non o fixo pola oposición de García Luna, levantando soamente a inhabilitación por tres meses.[4] A prensa pontevedresa acusou a García Luna de urdir un plan para beneficia-lo Vigo Sporting, evitando que o Coruña se retirase do torneo (circulaban rumores dunha posible retirada[8]) e aproveitando para consegui-la descualificación do Athletic, facendo deste xeito que o Vigo obtivese máis puntos có Fortuna e fose proclamado campión.[4][9][10][11]

Notas editar

  1. Copa del Rey Alfonso XIII 1919 linguasport.com
  2. "De Sport. El Campeonato gallego de fútbol". Diario de Pontevedra nº 10.432 (en castelán). 23 de xaneiro de 1919. p. 2. 
  3. "Notas deportivas. Campeonato de Galicia". Progreso: diario independiente nº 2.166 (en castelán). 23 de xaneiro de 1919. p. 2. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "De Sport. El Pontevedra A.C. excluido del Campeonato". Diario de Pontevedra nº 10.481 (en castelán). 24 de marzo de 1919. p. 2. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Notas de Sport. El Campeonato de España". El Orzán nº 372 (en castelán). 20 de marzo de 1919. p. 4. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Notas deportivas". El Ideal Gallego nº 659 (en castelán). 20 de marzo de 1919. p. 2. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "De Sport. Campeonato regional. Real Coruña-Pontevedra A.C. en Monelos (Coruña)". Diario de Pontevedra nº 10.478 (en castelán). 20 de marzo de 1919. p. 2. 
  8. "De Sport. Noticias sensacionales". Diario de Pontevedra nº 10.471 (en castelán). 11 de marzo de 1919. p. 2. 
  9. "Notas deportivas". Progreso: diario independiente nº 2.219 (en castelán). 30 de marzo de 1919. p. 2. 
  10. "Notas deportivas". Progreso: diario independiente nº 2.223 (en castelán). 4 de abril de 1919. p. 1. 
  11. "Notas deportivas". Progreso: diario independiente nº 2.223 (en castelán). 4 de abril de 1919. p. 2.