Abrir o menú principal

Campanula adsurgens

especie de planta

Campanula adsurgens é unha especie de planta perenne con flores en forma de campá, do mesmo xénero que o raponcio, endémica do oeste da Cordilleira Cantábrica e dos Montes de León. Vive nas fendas das rochas calcarias entre os 500 e os 2.000 m de altitude.

DescriciónEditar

Planta perenne duns 40 cm de altura, cun rizoma horizontal de cuxos ápices naces numerosos talos aéreos sen tubérculos. Talo superior con pelos patentes. Follas basais en roseta, ás veces caducas durante a antese, pecioladas, acorazonadas, máis ou menos orbiculadas, lobadas, con pelos adpresos. As caulinares superiores pecioladas, alternas, de máis ou menos triangulares a lanceoladas, con pelos adpresos. Inflorescencia pauciflora ou flores solitarias. Flores ergueitas antes da antese, pedicelos longos e glabros. Cáliz formado por cinco sépalos sne apéndices nos seos, vilosos ou papilosos. Corola formada por tamén cinco pétalos azulados. Froito en cápsula, turbinado, dehiscente en poros laterais. Florea de xullo a agosto.

Distribución e hábitatEditar

Medra nas fendas das rochas calcarias, dende os 500 aos 2000 m de altitude. As súas únicas poboacións coñecidas atópanse en León, Lugo e Ourense.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar