Call of Duty 2: Big Red One

Call of Duty 2: Big Red One é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty, programado por Treyarch, con colaboración de Gray Matter Interactive e Pi Studios. Foi distribuído por Activision e posto á venda en novembro de 2005 para GameCube, Xbox e Playstation 2. Ao igual co seu predecesor Call of Duty: Finest Hour, trátase dun FPS (first person shooter) ambientado na segunda guerra mundial.

Call of Duty 2: Big Red One
Desenvolvedor(es)Treyarch e Xatrix Entertainment
Distribuidora(s)Activision e Konami
Compositor(es)Graeme Revell
Lanzamento1 de novembro de 2005, 18 de novembro de 2005 e 29 de xuño de 2006
Xéneroxogo de tiros en primeira persoa
Modos de xogovideoxogo multixogador e videoxogo para un xogador
Clasificación PEGI
USK
Plataforma(s)Xbox, PlayStation 2 e GameCube
Na rede
IMDB: tt1039601 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Argumento editar

O xogo narra unha serie de batallas da segunda guerra mundial nas que interveu a unidade estadounidense Primeira división de infantería , alcumada a Big Red One, que inclúen combates no norte de África, en Italia e na Francia ocupada. A parte final do xogo sitúase no cruzamento da liña Sigfrido na fronteira coa Alemaña nazi.

Multixogador editar

Big Red One inclúe multixogador en liña nas versións de PS2 e Xbox, para ata 32 xogadores, pero non na de GameCube. Unha parte do código e dos modos multixogador foron introducidos xa en Call of Duty e Call of Duty: Finest Hour.

Recepción e crítica editar

Este videoxogo recbiu boas críticas nas tres versións, un 77 na versión de PS2 [1], un 78 en Xbox [2] e un 76 na de GameCube [3].

Vendas editar

A versión de PS2 logrou vender 2,32 millóns de unidades [4] e a de Xbox 1,14 [5].

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2009. Consultado o 22 de marzo de 2010. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2009. Consultado o 22 de marzo de 2010. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2009. Consultado o 22 de marzo de 2010. 
  4. http://vgchartz.com/games/game.php?id=4932&region=Japan
  5. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=299&region=All