Call of Duty: Finest Hour

Call of Duty: Finest Hour é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty, programado por Spark Unlimited de distribuído por Activision en 2004 para Playstation 2, Xbox e GameCube. É a primeira entrega de Call of Duty para videoconsolas. Comparte o estilo do seu predecesor en PC, Call of Duty, un FPS (first person shooter) ambientado na segunda guerra mundial. Non obstante, a liña argumental é totalmente diferente. Foi sucedido en 2005 por Call of Duty 2:Big Red One.

Call of Duty: Finest Hour
Desenvolvedor(es)Exakt Entertainment, Spark Unlimited e Kuju Entertainment
Distribuidora(s)Activision
Compositor(es)Michael Giacchino
Lanzamento16 de novembro de 2004
Xénerovideoxogo de disparos en primeira persoa
Modos de xogovideoxogo multixogador e videoxogo para un xogador
Clasificación PEGI
Plataforma(s)Xbox, PlayStation 2 e GameCube
Na rede
http://www.callofduty.com/
IMDB: tt0428290 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Argumento

editar

Narra diferentes batallas da fronte oriental, da guerra en África e da fronte occidental; incluíndo a batalla de Stalingrado e o cruzamento do Rhin.

Multixogador

editar

Finest Hour conta cun multixogador en liña con capacidade para 16 xogadores en PS2 e 32 en Xbox. A versión de GameCube non inclúe multixogador.

Recepción e crítica

editar

O xogo recibiu críticas aceptables, acadando un 73 para Xbox [1], un 76 para PS2 [2] e un 74 para GameCube [3].

Vendas

editar

As vendas foron máis elevadas na versión de PS2, acadando os 2,81 millóns de unidades [4]. A versión de Xbox acadou os 1,17 millóns [5], mentres que as de GameCube foron de aproximadamente 300.000 unidades [6].

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2009. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2010. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2009. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  4. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=4937
  5. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=301&region=All
  6. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=4936&region=All