Caldeiron (Xograr)

Xograr do século XIII

Caldeiron foi un xograr do século XIII, compositor de cantigas en galego-portugués.[1]

Infotaula de personaCaldeiron
Biografía
Nacementoséculo XIII Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxograr Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galego-portuguesa Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Identifícaselle cun xograr tamborilero documentado na corte de Sancho IV nos anos 1293 e 1294. Estudosos como Carolina Michaelis propoñen que sería un xograr aragonés que chegou á corte de Don Dinís en 1282 ó 1297.[2] Xabier Ron Fernández localizou este nome nunha repartición de Valencia en torno ao ano 1240, con todo, a súa posición nos cancioneros situaríano próximo ao final do século XIII. O apelido Calderón tamén pertence a unha familia nobre Navarra documentada na repartición de Úbeda e Baeza de 1238, no entanto, existe consenso en que era un xograr e non un trobador, por tanto descártase esta hipótese.[1]  

Obra editar

Consérvanse dúas cantigas de escarnio e maldicir.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-07-17. 
  2. "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-07-17. 
  3. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-07-17.