Caixa chinesa
A caixa chinesa ou bloque é un instrumento musical de percusión da familia dos idiófonos, dentro do subgrupo da pequena percusión na orquestra, que, como moito, vai dar dous tons, un alto e outro baixo. Canto máis grande sexa máis se vai notar esta diferenza de sons.
Trátase dun taco de madeira rectangular, con forma similar á dun lingote, duro e plano. Está oco e cunha abertura a un lado, para permitir a resonancia. Percútese cunha baqueta dura.
Existe outro modelo, cilíndrico, que está baleiro no interior e separado, no medio, por dúas rañuras. Este modelo encóntrase en dous tons: alto e baixo. Na orquestra utilízase para os ritmos variados, só ou asociado con outros instrumentos (caixa clara, tomtoms, pratos, campaíñas).
É un instrumento primitivo do que os antigos se servían para marcar o ritmo nas súas danzas. Importado da China e introducido en Europa polas orquestras de jazz (1923).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caixa chinesa |