Pallacanestro Varese

(Redirección desde «Cagiva Varese»)

O Pallacanestro Varese, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Openjobmetis Varese, é un equipo de baloncesto italiano da localidade de Varese, na Lombardía. Fundado en 1946, é xunto co Olimpia Milano e o Virtus Bologna o equipo italiano con máis títulos. Durante os anos 1960 e 1970 foi considerado o mellor equipo de Europa e un dos mellores do mundo, sendo durante estes anos cando acadou a meirande parte dos seus títulos. Durante aqueles anos, ademais de múltiples e variados títulos, fixo algúns récords aínda non superados: disputou 10 finais consecutivas da Copa de Europa entre 1970 e 1979, e estivo 13 anos imbatido en competicións europeas, colleitando 46 vitorias consecutivas entre o 10 de marzo de 1965 e o 25 de xaneiro de 1978. A pesar de que o seu nome oficial é Pallacanestro Varese, pasou á historia con nomes como Ignis Varese ou o Mobilgirgi Varese, apelativos comerciais que lle deron as empresas que o patrocinaban nas décadas de 1960 e 1970.

Openjobmetis Varese
Información xeral
Liga LBA
Fundación 1945
Cores           Branco, vermello
Presidente Italia Marco Vittorelli
Adestrador Matt Brase
Patrocinador Openjobmetis
Localización
Cidade Italia Varese, Italia
Pavillón Palasport Lino Oldrini
Capacidade 5 107
Inauguración 6 de decembro de 1964
Campionatos
Euroliga 5 (1970, 1972, 1973, 1975, 1976)
Recopa 2 (1967, 1980)
Liga 10 (1961, 1964, 1969, 1970, 1971, 1973, 1977, 1978, 1999)
Copa 4 (1969, 1970, 1971, 1973)
Supercopa 1 (1999)
pallacanestrovarese.it

Historia

editar

O baloncesto introduciuse na cidade lomabarda de Varese no ano 1945 coa fundación do Pallacanestro Varese. Os primeiros patrocinadores do equipo chegarían en 1954, oito anos máis tarde, incluídos Storm e Ignis, seguidos de Emerson, Turisanda, Cagiva, Star, Ciaocrem, Divarese, Ranger, Metis, Whirlpool, Cimberio e o máis recente, OpenjobMetis. Curiosamente, a mediados dos anos 1990, ante a falta de patrocinador o equipo escolleu o seu propio nome: os Varese Roosters. Desde a súa creación, o Pallancanestro Varese gañou 10 campionatos de Liga: 1961, 1964, 1969, 1970, 1971, 1973, 1974, 1977, 1978 e, o último título gañado 21 anos despois, en 1999. Con 10 scudetti, o Varese é o terceiro equipo con máis trofeos da historia da liga italiana, tan só despois do Olimpia Milano e a Virtus Bologna.

Como se demostra polo seu palmarés, o Varese foi un equipo extremadamente competitivo na década de 1970. É nese época onde o equipo chega a xogar dez finais consecutivas da Euroliga, conseguindo gañar cinco: 1970, 1972, 1973, 1975 e 1976. Porén, esta idade de ouro comezou uns anos antes, xusto no momento en que Varese gaña a Copa Intercontinental de 1966, título que repetiría catro e sete anos despois (1970 e 1973). Alén disto, tamén gañou dúas Recopas, anos 1967 e 1980, e catro Copas de Italia en 1969, 1970, 1971 e 1973. Por todo isto, o Varese é un dos poucos equipo en ter a honra de posuír a Tripla Coroa, é dicir gañar a Liga, a Copa e a Euroliga no mesmo ano. Isto sucedeu nos anos 1970 e en 1973, neste último ano baixo o mando do lendario Aca Nikolić.

A era dourada do Varese terminou a comezos dos anos noventa cando o equipo descendeu á segunda división. Porén, o club regresaría rapidamente á máxima categoría onde, despois de cinco anos caendo en primeira ou segunda rolda de playoffs, logra gañar o seu histórico décimo título en 1999, o cal dá ao equipo a estrela que porta na súa camisola de xogo. Ese último título de Liga foi conseguido grazas á dirección desde o banco do adestrador da selección italiana Carlo Recalcati. Desde ese ano o Varese non volve a gañar ningún título, aínda que adoita estar sempre entre os equipos punteiros do país.

Patrocinadores

editar
  • Storm (1954–56)
  • Ignis (1956–75)
  • Mobilgirgi (1975–78)
  • Emerson (1978–80)
  • Turisanda (1980–81)
  • Cagiva (1981–83)
  • Star (1983–84)
  • Ciao Crem (1984–85)
  • Divarese (1985–89)
  • Ranger (1989–92)
  • Cagiva (1992–97)
  • Sen patrocinador (1997–99)
  • Varese Roosters (1999-01)
  • Metis (2001–04)
  • Casti Group (2004–05)
  • Whirlpool (2005–07)
  • Cimberio (2007–14)
  • OpenjobMetis (2014– )

Palmarés

editar
 
Ottorino Flaborea eleva o trofeo da Copa Europea de 1970 que gañou o Ignis Varese na Final da Copa de Europa da FIBA 1969–70.

Competicións domésticas

editar
  • Liga de Italia
    • Campións (10): 1960-61, 1963-64, 1968-69, 1969-70, 1970-71, 1972-73, 1976-77, 1977-78, 1998-99
  • Copa de Italia
    • Campións (4): 1968-69, 1969-70, 1970-71, 1972-73
  • Supercopa de Italia
    • Campións (1): 1999

Competicións europeas

editar
  • Euroliga
    • Campións (5): 1970, 1971-72, 1972-73, 1974-75, 1975-76
    • Subcampións (5): 1970-71, 1973-74, 1976-77, 1977-78, 1978-79
  • Copa Saporta
    • Campións (2): 1966-67, 1979-80
  • Copa Korać
    • Subcampións (1): 1984-85

Competicións internacionais

editar
  • Copa Intercontinental
    • Campións (3): 1966, 1970, 1973
    • Subcampións (4): 1967, 1974, 1976, 1977

Non oficiais

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar