O caganer é unha figura dos presebes de Cataluña e do País Valenciano, que adoita estar agochada nun recuncho, detrás dunha matogueira, onde fai as súas necesidades ó ar libre. Vestido de labrego, xeralmente, cunha camisa branca, pantalóns escuros, faixa e barretina vermellas, a miúdo fumando en pipa.

Caganer agochado nun recuncho do presebe.

Tamén representa individuos moi variados como políticos, gardas civís, reis magos, papá Noel, monxas, pastores, xogadores do Barça ou do Espanyol, bruxas, lexionarios romanos ou bombeiros sen deixar de estar na súa posición característica. Porén, o labrego non deixou de ser a forma máis popular.[1]

Notas editar

  1. "Personaxes e elementos festivos". Consultado o 24 de decenbro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar