Barretina
A barretina é un sombreiro catalán de la en forma de bolsa, habitualmente de cor vermella ou morada e, ás veces, cunha franxa negra no extremo, que adoitaba ser o símbolo de mariñeiros e xudeus. Aínda que realmente, deriva do gorro frixio, gorro vermello de gran parecido, utilizado dende 1789 trala revolución francesa polos republicanos, simboloxía que pronto se estendería por Europa e os novos estados suramericanos. O gorro frixio simbolizaba a república.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barretina |