Cabriña

especie de planta

A cabriña[1][2] (Davallia canariensis) é unha especie de fento isospóreo vivaz pertencente á familia Davalliaceae. Ten unha distribución moi reducida, porén aparece en Galiza.

Descrición editar

É un fento perenne, con soros arredondados no envés das frondes, esporanxios esferoidais con anel lonxitudinal. Rizoma de até 15 centímetros, páleas lanceoladas de cor acastañada. Frondes con pecíolo de igual lonxitude que a lámina e de cor castaña, lámina tri ou tetrapinnada.

Este fento adoita vivir de xeito epífito mais ás veces, en condicións de humidade moi altas pode ser atopado sobre as pedras ("hábito saxícola") ou sobre o chan ("hábito terrestre").

Distribución e hábitat editar

A súa distribución comprende as Illas Canarias, Galiza (por exemplo no Monte Pindo[3]), Asturias, sur de Andalucía, oeste de Portugal e a illa de Madeira e partes de Marrocos.

 
Cabriña (Davallia canariensis) Detalle do hábito. Exemplar cultivado.

Etimoloxía editar

Davallia:xénero dedicado a Edmund Davall (1826-1900), botánico suízo.

canariensis: do arquipélago canario, no seu sentido máis amplo, aínda que a especie non é exclusiva das illas, sendo por exemplo propia de Galiza igualmente.

Sinonimia editar

  • Polypodium lusitanicum L.
  • Trichomanes canariense
  • Trichomanes canariensis L.

Notas editar

  1. Nome común galego preferido en Termos Esenciais de Botánica, entrada 94 da Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela, 2002
  2. E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
  3. http://www.montepindo.org/

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar