Caída intelixente

A Teoría da Caída Intelixente, chamada en inglés Intelligent falling (IF), é unha parodia do argumento do Deseño Intelixente, segundo a cal non existe a Lei da Gravidade e que os obxectos son empuxados cara a abaixo por unha "intelixencia superior". A caída intelixente é unha pseudociencia sobrenatural que se converteu nun fenómeno de Internet. Segundo esta pseudoteoría, a caída libre dos obxectos é causada pola "Man de Deus", como se describe no fresco de Miguel Anxo na Capela Sistina do Vaticano .[1]

Aínda que este movemento ten as súas raíces no ano 2002 por unha serie de mensaxes satíricos na rede Usenet, as explicacións relixiosas invocando a intervención directa de Deus na gravidade existiron hai xa varios séculos (incluíndo escritos de Isaac Newton).

A caída intelixente propón que a explicación científica da forza da gravidade non pode, ou non consegue, explicar todos os aspectos do fenómeno e, por iso, o motivo de que as cousas caian está no uso da forza dun ser superior. Ademais, a pseudoteoría afirma que as teorías gravitacionais non son enteiramente consistentes nin matematicamente conciliábeis coa mecánica cuántica, o que fai que a gravidade sexa unha "teoría en crise". Tamén di que a teoría da gravidade é "só unha teoría", parodiando así as afirmacións que fan os creacionistas sobre os estudos do evolucionismo.

Os seguidores da caída intelixente defenden que esta teoría debe ensinarse xunto a teoría da gravidade nas escolas (sátira da defensa do creacionismo e do evolucionismo nas escolas norteamericanas) para conseguir que os propios alumnos decidan no que realmente van crer sobre a caída de obxectos.

A teoría como un fenómeno de Internet editar

Data Evento
14 de xuño de 2002 Un suxeito chamado Jeff Stubbs escribiu unha carta a un editor dunha mensaxe na Usenet do grupo talk.origins e do grupo alt.atheism mencionando sobre a Caída Intelixente [2]:

"A min non me gusta a teoría da gravidade, e síntome persoalmente ofendido de que as estruturas deseñadas polos enxeñeiros consideren só a masa física. E sobre as nosas almas? Propoño que nas clases de ciencias, tamén se ensine a teoría da Caída Intelixente. Non existe de ningunha maneira que unha forza tal como é a gravidade teña a posibilidade de asegurar todo o que existe no planeta. Debe ser Deus, usando as nosas almas, quen manteña todo aqui.

18 de xuño de 2002 Elf Sternberg, usuario ilustre do sitio, puxo un "FAQ sobre a CaídaIntelixente" no grupo sci.skeptic da Usenet.[3]
16 de maio de 2005 Dana Simpson publica unha historia en banda deseñada titulada "Teaching Gravity".[4]
26 de maio de 2005 Joshua Rosenau, un estudante de posgraduado da Universidade de Kansas, presenta a idea da caída intelixente no seu blog citando a Isaac Newton.

"Estiven pensando sobre iso por un tempo, e considero que é hora de discutir a miña teoría da Caída Intelixente. Fun inspirado para cuestionar o dogma de Newton sobre a 'gravidade' cando souben que a ciencia non pode explicar o movemento de tres cousas ao mesmo tempo. Claro, as 'leis' de Newton poden explicar como se moven dúas cousas, pero os 'newtonianos' non poden explicar como un terceiro obxecto podería alterar ese movemento"[5]

17 de agosto de 2005 A Caída Intelixente é tema dun artigo no xornal satírico The Onion.[6]
4 de xaneiro de 2010 O sitio satírico indio Faking News usa a teoría para escribir unha noticia nada convencional sobre a inauguración, que ocorreu no mesmo día, do Burj Dubai, o maior rañaceos construído polo ser humano: "Mazá que caeu do cumio do Burj Dubai para validar as Leis de Newton desaparece[7]
20 de febreiro de 2010 O sitio Faking News usa a teoría novamente para crear unha parodia semellante, o Recall Inteligente, que explicaria sobre a extinción das diversas especies co tempo.[8]

A Caída Intelixente antes de Internet editar

Ocasionalismo do islam editar

A Caída Intelixente é unha versión do Ocasionalismo, unha idea filosófica e teolóxica islámica que defende que as substancias creadas (materia e forzas naturais) non poden ser a causa eficiente dos eventos que xa ocorreran ou que ocorren aínda hoxe, senón que, en vez diso, os acontecementos son causados directamente polo propio Deus. Esta visión relixiosa defendeuna durante o século XI o filósofo Al-Ghazali na súa obra A Incoherencia dos Filósofos. Al-Ghazali afirmou que, cando se acende o lume sobre o algodón este non se queima polo lume, senón que é directamente queimado por Deus ou polos seus anxos. O Ocasionalismo de Al-Ghazali é un concepto importante dentro da teoloxía islámica actual, principalmente para a escola teolóxica islámica Asharite.

Isaac Newton editar

Nunha carta ao Reverendo Dr. Richard Bentley en 1692, Isaac Newton escribiu:

Para a súa segunda consulta, respondo que os movementos que os planetas teñen agora non poderían xurdir dalgunha causa natural, só se impulsaran por un axente intelixente.
Isaac Newton [9]

Esta declaración citouna o avogado e defensor do Deseño Intelixente Stephen C. Meyer en O status científico do Deseño Intelixente[9], referíndose á declaración de Newton como un "famoso postulado dunha intervención divina especial para estabilizar o movemento orbital no Sistema Solar" no desenvolvemento da súa argumentación de equivalencias metodolóxicas naturalistas e sobrenaturais.

En 1925, o Reverendo William Asbury Williams escribiu un libro titulado "A evolución do home cientificamente refutada":[10]

O poder da atracción, que podemos chamar unha propiedade da materia, é realmente o poder de Deus. Os efectos son o resultado da potencia e da intelixencia[...] A gravidade require o cálculo de incontábeis millóns de problemas bastante complexos e difíciles, a cada instante, pola mente divina[...] Estes innumerábeis cálculos proban que Deus está en todas partes. Estamos constantemente na presenza inmediata impresionante dun Deus infinito.
Rev. William Asbury Williams [9]

Charles Darwin editar

Darwin claramente optou por un punto de vista oposto. En 1842, Darwin escribiu o esbozo da súa teoría [11] a lapis, situando a evidencia de ascendencia común contra a doutrina da creación por separado e preguntou:

Quen sería o astrónomo que falase da doutrina de que os planetas se movían (ou non) de acordo coa lei da gravidade, pero o Creador quixo ter preparada para cada planeta unha órbita en particular?
Charles Darwin

Notas editar

  1. "Wayback Machine". web.archive.org. 2008-07-09. Archived from the original on 09 de xullo de 2008. Consultado o 2021-01-21. 
  2. "Google Groups". groups.google.com. Consultado o 2019-12-04. 
  3. "Google Groups". groups.google.com. Consultado o 2019-12-04. 
  4. Simpson, D. C., "Teaching Gravity" Arquivado 18 de maio de 2011 en Wayback Machine., I Drew This
  5. "Thoughts from Kansas" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2010. Consultado o 2019-12-04. 
  6. "'Traditional scientists admit that they cannot explain how gravitation is supposed to work,' Carson said. 'What the gravity-agenda scientists need to realize is that gravity waves and gravitons are just secular words for God can do whatever He wants.'http://www.theonion.com Arquivado 07 de agosto de 2009 en Wayback Machine.
  7. Apple dropped from Burj Dubai to validate Newton’s laws disappears | Faking News [1] Arquivado 29 de maio de 2013 en Wayback Machine.
  8. Creationists propose “Intelligent Recall” theory to explain extinction of species | Faking News [2] Arquivado 26 de febreiro de 2011 en Wayback Machine.
  9. 9,0 9,1 9,2 " http://www.discovery.org
  10. Williams, Rev. William A. (1925 & 1928). The Evolution of Man Scientifically Disproved, In 50 Arguments. Gutenberg Etext
  11. "Darwin's essay of 1842, part II.". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2006. Consultado o 23 de febreiro de 2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar