CPI Virxe da Saleta

colexio público en San Cristovo de Cea

Coordenadas: 42°28′14″N 7°59′04″O / 42.47057311922, -7.9844444344977

O CPI Virxe da Saleta é un centro educativo que se atopa en San Cristovo de Cea. É un colexio público ao que asiste alumnado do propio concello e dos concellos próximos: Piñor e Maside. Nel, impártense tanto clases de educación primaria como de educación secundaria.

CPI Virxe da Saleta
CPI Virxe da Saleta, San Cristovo de Cea.
Enderezo
Datas
Educación
Xestión
Na rede

Instalacións editar

Este centro está dividido en tres edificios. O edificio principal consta de dous andares e está situado no centro da parcela. Nel, atópanse dependencias coma a xefatura de estudos, a secretaría, a dirección, a biblioteca e a sala de profesores.

Tamén acolle as clases de Primaria e a aula de inglés. Despois, está o edificio onde se atopan as clases de Educación Secundaria, que tamén consta de dous andares. Acolle ó alumnado mencionado e ademais están as aulas de plástica, tecnoloxía, laboratorio, aula de música, o despacho do departamento de orientación, dúas aulas de informática e diferentes titorías e aulas para desdobres de cursos.

O edificio de infantil consta de dous andares e nel están as tres aulas de infantil e aulas de audición e linguaxe, ademais da aula de pedagoxía terapéutica. Tamén dispón dun pavillón de deportes cuberto e un ximnasio.

O colexio conta con aproximadamente 150 alumnos, repartidos entre os grupos de infantil, primaria e secundaria.

Historia editar

Este centro foi fundado en 1968, sendo alcalde José Hipólito Rodríguez Presas. No 50 aniversario do centro reuniuse alumnado e profesorado da súa historia. Houbo un xantar popular e varios actos conmemorativos.

Premios editar

O centro recibiu diversos premios e recoñecementos pola realización da curtametraxe de animación Os xeranios do señor Afonso (2016)[1], sobre o despoboamento no rural, que crearon algúns nenos do centro coa técnica de stop motion. Un dos recoñecementos foi no Festival Escolar Audiovisual Olloboi.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar