Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

hospital público en Santiago de Compostela
(Redirección desde «CHUS»)

O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) pertence á rede galega do Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Está constituído polos catro centros de asistencia sanitaria especializada, docencia e investigación en Ciencias da Saúde, situados na cidade de Santiago de Compostela.

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago
Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela
Tiporede de hospitais
Data de fundación1993
Localización
EnderezoTravesa da Choupana, S/N
EnSantiago de Compostela
PaísGalicia
42°51′39″N 8°33′10″O / 42.860908, -8.55272
Na rede
http://www.usc.es/en/servizos/chus/index.html e https://xxisantiago.sergas.gal/Paxinas/web.aspx
editar datos en Wikidata ]
SERGAS
Hospital Provincial, hoxe Hospital Médico Cirúrxico de Conxo.
Hospital Psiquiátrico de Conxo.

Hospitais integrantes e funcións

editar

Os hospitais que integran o Complexo son:[1]

O Decreto 71/1993 do 18 de marzo da Xunta de Galicia,[2] sinala que a súa creación obedece á necesidade de lograr unha maior rapidez e eficiencia na resposta aos problemas de saúde, a través da coordinación entre os centros e as múltiples unidades organizativas. A vantaxe en xestión obtense da actuación dos hospitais e servizos como un conxunto.[1]

Funcións da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela

editar

As funcións da Xerencia Xeral do CHUS son as seguintes:[2]

  • A representación do Complexo.
  • Coordinar a programación, dirección, avaliación e control dos plans de actividade económicos e de organización da estrutura integrada baixo a superior dirección do Servizo Galego de Saúde.
  • Propoñerlle ao Servizo Galego de Saúde as adaptacións organizativas que resulten procedentes e os acordos que, en relación a outras institucións ou sociedades, poidan convir ao mellor funcionamento do Complexo.
  • Elevar informes periódicos e memoria de xestión que o Servizo Galego de Saúde considere oportunos.
  • Cantas outras funcións lle sexan delegadas polos órganos competentes.

Relación do Hospital Clínico de Santiago coa Facultade de Medicina

editar

O Hospital Clínico de Santiago ten unha antiga e estreita unión coa Facultade de Medicina, e unha gran tradición na formación de profesionais médicos. A capacidade docente e investigadora do Complexo, acorde cun alto nivel de especialización, aválano como un centro de referencia de Galicia e do resto do territorio de España.[1]

Véxase tamén

editar


Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

----

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.