Club de Fútbol Noia

equipo de fútbol galego
(Redirección desde «CF Noia»)

O Club de Fútbol Noia é un club de fútbol galego da vila de Noia. Foi fundado en 1987 e compite na Preferente Galicia. O seu campo é o Estadio Municipal Julio Mato.

Noia
NomeClub de Fútbol Noia
Fundación1987
EstadioJulio Mato,
Noia, Galicia
Capacidade1000
PresidenteGalicia José Luis Botana
AdestradorGalicia Iván Carril
LigaPreferente Galicia – Norte
2021–223ª RFEF: 14.º de 17
VestimentaLegea
PatrocinadorGrúas Elgasa, Lolita Moda, Neumáticos Tino, Plus Ultra Seguros, Habelas Hailas, Big Mat, Pizzería Mamma mía
Na rede
http://www.cfnoia.es/
Facebook: cfnoia Twitter: cfnoia Instagram: cfnoia Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

Historia editar

O 27 de xuño de 2015 logrou o ascenso a Terceira División tras a promoción do Pontevedra CF a Segunda División B. O Noia viña de vencer a eliminatoria entre os terceiros clasificados da Preferente Autonómica, quedando unha praza libre na categoría co ascenso do club pontevedrés.

Ese mesmo ano, con Yago Iglesias como adestrador, non foi quen de manter a categoría e regresou a Preferente tras obter un 19º posto. Coa marcha do técnico ribeirense á Sociedade Deportiva Compostela, o conxunto noiés decidiu contar con Luís Bonilla á fronte do equipo. Tras unha tampada impecable os noieses conseguían o 30 de abril de 2017 o título de campións da Preferente Norte, ademais do ascenso directo a Terceira División a falta de catro xornadas da fin da competición.

Logo de obter o primeiro posto, o Noia enfrontouse ao Club Deportivo Cultural Areas na final de campións polo título absoluto da Preferente. O partido, que tivo lugar no campo de O Vao, rematou con vitoria por 2-0 para os de Ponteareas.

Para afrontar a volta a Terceira División, os noieses contaron con Jaime Sánchez como adestrador. Non obstante, o regreso á categoría non foi o agardado: o club acababa a primeira volta como colista. Antes de finais de ano, Jaime abandonaba o banco noiés por motivos persoais, deixando a José Manuel Pose a cargo do club. Agora mesmo [cando?], o conxunto branco atópase en plena loita por conseguir a permanencia na categoría.

Datos do club editar

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 0
  • Tempadas en : 2

Historial na liga editar

Tempada Categoría Posto
1987/88 2ª Rexional
1988/89 2ª Primeira
1989/90 Rex. Pref.
1990/91 Rex. Pref. 10º
1991/92 1ª Rexional
1992/93 1ª Rexional
1993/94 Rex. Pref. 13º
1994/95 Rex. Pref.
1995/96 Rex. Pref.
1996/97 Rex. Pref. 10º
1997/98 Rex. Pref. 15º
1998/99 Rex. Pref. 13º
Tempada Categoría Posto
1999/00 Rex. Pref. 13º
2000/01 Rex. Pref. 13º
2001/02 Rex. Pref.
2002/03 Rex. Pref. 18º
2003/04 1ª Autonómica
2004/05 1ª Autonómica
2005/06 1ª Autonómica
2006/07 Preferente 16º
2007/08 Preferente 11º
2008/09 Preferente 14º
2009/10 Preferente 17º
2010/11 Preferente 20º
Tempada Categoría Posto
2011/12 1ª Autonómica
2012/13 1ª Autonómica
2013/14 1ª Autonómica
2014/15 Preferente
2015/16 19º
2016/17 Preferente
2017/18 17º
2018/19 Preferente
2019/20 Preferente
2020/21 Preferente
2021/22 3ª RFEF 14º
2022/23 Preferente

Palmarés editar