C/2021 A1 (Leonard)
cometa hiperbólico
O Cometa Leonard (C/2021 A1 (Leonard)) é un cometa de traxectoria case hiperbólica descuberto por GJ Leonard no Observatorio Mount Lemmon o 3 de xaneiro de 2021, un ano antes do perihelio.[1] É o primeiro cometa descuberto en 2021. A súa máxima aproximación á Terra (perixeo) foi o 12 de decembro de 2021, a unha distancia de 0,233 UA. O 18 de decembro de 2021 pasou a unha distancia de 0,0283 UA de Venus.[2] O máximo achegamento ó Sol foi previsto para o 3 de xaneiro de 2022. As primeiras informacións de visualización a ollo nu son de 5 de decembro de 2021.[3]
![Observación do Cometa Leonard a finais de novembro de 2021.](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5a/C_2021_A1_%28Leonard%29_%2851710827445%29.jpg/220px-C_2021_A1_%28Leonard%29_%2851710827445%29.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/76/Animation_of_C%EF%BC%8F2021_A1%27s_orbit_around_Sun_-_2021_close_approach.gif/300px-Animation_of_C%EF%BC%8F2021_A1%27s_orbit_around_Sun_-_2021_close_approach.gif)
C/2021 A1 · Sol · Mercurio · Venus · Terra · Marte
A súa órbita ten un perihelio de 0,61483 UA e un afelio de 3700 UA, o que o converte nun cometa de grande excentricidade de órbita, se ben non nun cometa de órbita hiperbólica.
Notas
editar- ↑ "MPEC 2021-A99 : COMET C/2021 A1 (Leonard)". minorplanetcenter.net. Consultado o 2021-01-10.
- ↑ "C/2021 A1: Close-Approach Data". JPL Small-Body Database Browser. Consultado o 2021-01-10.
- ↑ "Martin McKenna".