Cótila
A cótila (grego: κοτύλη) é unha cunca pequena e profunda de dúas asas de uso puramente doméstico na Antiga Grecia.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a3/Athens_Kotyle_cup_with_an_owl.jpg/220px-Athens_Kotyle_cup_with_an_owl.jpg)
Tamén se usaba este termo para expresar a súa medida de capacidade, equivalente aproximadamente un cuarto de litro[1] (c. 0,270 l, a metade do xestes grego e o sextario romano.
A cótila aparece xunto co aríbalo no período protocorintio antigo que vai desde o ano 730 a. C. ao 700 a. C. Estas novas formas de vasos úsanse especialmente para marcar a cronoloxía do período protocorintio.
A evolución da cótila marcarase pola súa decoración, pasando dun vernizado completo até ser substituído por unha serie de liñas horizontais paralelas, con alternancia de bandas claras e escuras.
No sueste da Península Ibérica atopáronse exemplares nos Toscanos, Almuñécar e o Cerro del Peñón en Vélez-Málaga. Outros exemplares expóñense no museo do Louvre e en Corfú.
Notas
editar- ↑ "Dicionario; cótila". Real Academia Galega. Consultado o 2023-01-23.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Grecia antiga |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cótila |
Bibliografía
editar- Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana, Espasa-Calpe. Tomo XV, páx. 82.
Outros artigos
editar- Unidade de medida
- Unidades de medida da antiga Grecia
- Volume (magnitude)
- Cerámica
- Cerámica da Grecia antiga / Cerámica grega
Ligazóns externas
editar- Vootar (arquivado)
- Grupo de Investigación histórica andaluza (arquivado)