Toscanos (Los Toscanos) é un xacemento arqueolóxico fenicio situado nunha illa na desembocadura do río Vélez, no concello de Vélez-Málaga, na provincia de Málaga, desde mediados do século VIII a. C. [1] [2]

Modelo:Xeografía físicaToscanos
(es) Toscanos Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Parte deDesembocadura del río Vélez Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaVélez-Málaga, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 36°44′05″N 4°06′55″O / 36.734761, -4.115397
Características
Ben de interese cultural
Data18 de novembro de 2008

O xacemento foi descuberto por casualidade no medio da procura doutro asentamento, neste caso grego, o lugar de Mainake. Na actualidade, Toscanos é unha escavación arqueolóxica en curso, que permite percibir as liñas urbanas de vivendas aliñadas en rúas ou prazas, de planta regular, zócolo de pedra, adobe para os paramentos e terrazas. Os diferentes tamaños das vivendas poden indicar as diferenzas sociais dos seus inquilinos. Un dos edificios máis grandes, duns 150 m², podería ser un almacén a dobre altura cunha superficie repartida en tres naves, construído no século VII a. C. período máis próspero da colonia. Daquela, a poboación estimábase entre 1000 e 1500 habitantes.[1]

Durante os anos 2019 e 2020 producíronse diversos movementos, tanto de carácter social como institucional, co fin de preservar e reordenar este xacemento arqueolóxico.[2] [3] [4]

  1. 1,0 1,1 "Yacimiento fenicio Toscanos". Diputación de Málaga (en castelán). 
  2. 2,0 2,1 "Los Toscanos". Sociedad de Amigos de la Cultura de Vélez-Málaga. 09-11-2016. Arquivado dende o orixinal o 23-01-2023. Consultado o 23-01-2023. 
  3. Extremera, Fran (2019-10-14). "Toscanos: ¿Tartessos y fenicios?". La Opinión de Málaga (en castelán). Consultado o 2023-01-23. 
  4. 20minutos (2020-03-08). "Adelante en Diputación insta a impulsar un proyecto arqueológico en yacimientos fenicios del sitio de Toscanos". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2023-01-23. 

Véxase tamén

editar