César Margolles de la Vega

mestre e político galego

César Margolles de la Vega, nado en Ribadeo o 26 de xaneiro de 1911,[1] foi un mestre e político galego.

Infotaula de personaCésar Margolles de la Vega
Biografía
Nacemento26 de xaneiro de 1911 Editar o valor em Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1937 Editar o valor em Wikidata (25/26 anos)
Asturias, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mestre de Vilaselán (Ribadeo) ata 1934 e despois de Benquerencia (Barreiros) e militante do PSOE. Logo da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936, foi delegado gobernativo en Barreiros.[2] Participou en varios mitins da campaña pro Estatuto en xuño de 1936, como o de Viveiro.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Asturias. Foi destituído como mestre en agosto.[4] Foi paseado en Asturias. Suponse que foi soterrado dunha fosa común na estrada de Vegadeo a Garganta, preto do desvío a Meredo.[5] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1937.[6]

Notas editar

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 18. 
  2. BOP Lugo, 5-9-1936, p. 1.
  3. El Pueblo Gallego, 24-6-1936, p. 1.
  4. BOP Lugo, 28-8-1936, p. 1.
  5. Pérez Díaz, Claudio; Pérez Moratilla, Claudia (2003). Un gorro ruso. Vigo: Xerais. pp. 73–74. ISBN 978-84-1110-295-7. 
  6. BOP Lugo, 13-4-1940, p. 1.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar