César Guillán Bozo

sindicalista e político galego

César Guillán Bozo, nado na Coruña en 1899 e finado na mesma cidade o 11 de agosto de 1978,[1] foi un sindicalista e político galego.

Infotaula de personaCésar Guillán Bozo
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de agosto de 1978 Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de José Guillán, médico municipal da Coruña. Foi ferido na campaña de Marrocos (1921). Militante da CNT, en 1930 participou no Pacto de Lestrobe xunto aos cenetistas Ricardo García Lago e Manuel Fernández Fernández, como delgado da sección VIR da Coruña. Vocal da Directiva do Centro de Estudios Sociales Germinal. En abril de 1936 foi elixido vocal da Directiva do Partido Sindicalista da Coruña que presidía Manuel Fernández Fernández[2]. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi despedido da Fábrica de Tabacos da Coruña o 14 de xullo de 1937. Reincorporouse posteriormente perdendo 11 anos de antigüidade.

Vida persoal editar

Casou con Sara Suárez Barros.

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 12-8-1978, p. 13.
  2. El Pueblo Gallego, 21-4-1936, p. 8.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar