Manuel Fernández Fernández (A Coruña)

sindicalista e político galego

Manuel Fernández Fernández, coñecido como Cauterio, nado no barrio de Monelos da Coruña o 20 de outubro de 1904 e finado en Madrid o 26 de decembro de 1993,[1] foi un sindicalista e político galego.

Infotaula de personaManuel Fernández Fernández
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1904 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de decembro de 1993 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou para practicante na Universidade de Santiago de Compostela de 1921 a 1924. Practicante da Beneficencia Municipal da Coruña, foi secretario do Colexio Oficial de Practicantes (1928). Cando se fundou a Federación Regional de Practicantes foi elixido secretario. En 1930 era director de El Practicante Gallego, órgano da Federación de Practicantes. Desde ese ano representou ao Colexio Oficial da Coruña e á Federación Regional nas asembleas anuais celebradas en Madrid. En xaneiro de 1935 formou parte do Comité do Frente Único das Clases Sanitarias e en marzo dese ano foi elixido presidente do Colexio de Practicantes da Coruña e en xaneiro do ano seguinte foi presidente da Asociación de Practicantes de Medicina y Cirugía de Galicia.

A nivel político pertenceu á fracción máis moderada do anarcosindicalismo. En 1930 participou no Pacto de Lestrobe xunto aos cenetistas Ricardo García Lago e César Guillán Bozo, como delegado da sección VIR da Coruña. Encabezou o Partido Sindicalista en Galicia en 1934. Entre 1934 e 1936 pronunciou varias charlas radiofónicas sobre temas médicos e políticos. Colaborou en Trabajo e dirixiu La Calle. Foi membro do Centro de Estudios Sociales Germinal. Participou na campaña electoral da Fronte Popular en febreiro de 1936 e na do Estatuto de Galicia. Foi elixido vocal da directiva do Partido Sindicalista na Coruña en abril de 1936.[2]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité da Fronte Popular da Coruña en representación do Partido Sindicalista. Foi detido e conducido ao cuartel de infantaría do rexemento de Zamora, e despois ao Cárcere da Coruña. Liberado o 23 de setembro, foi desterrado a Betanzos, pero permaneceu agochado na Coruña. Estivo un tempo en Madrid, onde se relacionou con Manuel Amil Barcia e nos anos corenta reapareceu na Coruña. Volveu a Madrid actuando como enlace entre o Comité Nacional e a CNT de Galicia grazas ás facilidades de desprazamento polo seu traballo de visitador médico e cobrador da compañía de seguros El Ocaso. Foi membro do Comité Nacional do Movemento Libertario Español en varias ocasiones entre 1943 e 1946. Colaborou con Juan García Durán na constitución da ANFD, da que foi delegado da Rexional Galaica no Consello Nacional. En 1945 foi designado para ocupar a vacante de José Expósito Leiva no Goberno Giral, pero non aceptou. En abril de 1946 foi detido en Madrid xunto á maioría dos responsables da CNT e condenado a doce anos. Estivo preso en San Miguel de los Reyes (Valencia) e despois en Yeserías ata 1951. En 1965 participou nas tentativas de legalizar as actividades da CNT mediante o pacto coa CNS franquista. En 1978 era lector dunha editorial madrileña. É autor de varios artigos da Gran Enciclopedia Gallega.

Vida persoal editar

Casou con Dolores Regueiro Lareo en 1928.

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 29-12-1993, p. 64.
  2. El Pueblo Gallego, 21-4-1936, p. 8.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar