Células Jurkat

As células Jurkat son unha liña celular inmortalizada de linfocitos T humanos, que se utilizan no estudo da leucemia aguda de células T, sinalización celular das células T e expresión de varios receptores de quimocina susceptibles á entrada de virus, especialmente do VIH.[1] As células Jurkat poden producir interleucina 2 e son utilizadas en investigacións sobre a susceptibilidade do cancro a fármacos e radiacións.

HistoriaEditar

A liña celular Jurkat (chamada orixinalmente JM) foi establecida a finais da década de 1970 a partir de sangue periférico dun paciente de 14 anos con leucemia de células T.[2] Diferentes derivados da liña celular Jurkat foron mutados para que carecesen de certos xenes e poden agora obterse en bancos de cultivos celulares.[3]

Exemplos de derivadosEditar

  • A liña celular JCaM1.6 é deficiente na actividade de Lck debido á deleción de partes do xene LCK (exón 7) do transcrito LCK.
  • As células J.RT3-T3.5 teñen unha mutación no locus da cadea beta do receptor de células T (TCR), que impide a expresión desta cadea. Isto afecta as células de varios xeitos; non expresan o CD3 de superficie nin producen o heterodímero alfa/beta do receptor de células T. Como son deficientes no complexo TCR, estas células son unha ferramenta útil para estudos de transfección usando os xenes das cadeas alfa e beta do receptor de células T, e son amplamente usados en laboratorios nos que se estudan tecnoloxías de transferencia do xene do receptor de células T.
  • Liñas celulares I 9.2 e I 2.1. A liña celular I 2.1 é funcionalmente defectivo para a proteína FADD e a liña celular I 9.2 é funcionalmente defectiva`para a caspase-8, e ambas as moléculas defectivas son esenciais para a apoptose ou a necroptose das células.
  • A liña celular D1.1 non expresa a molécula CD4, un importante coerreceptor na vía de activación das células T axudantes.
  • A subliña J.gamma1 non contén niveis detectables da proteína fosfolipase C-gamma1 (PLC-γ1) e, por tanto, ten profundos defectos na mobilización de calcio do receptor de células T (TCR) e a activación do factor nuclear de células T activadas (NFAT, un importante factor de transcrición das células T).
  • As J-Lat conteñen provirus VIH integrados pero transcricionalmente latentes, nos cales a GFP substitúe a secuencia codificante nef e teñen unha mutación de cambio de pauta de lectura en env.

Virus da liña celularEditar

As células Jurkat J6 producen un virus da leucemia murina xenotrópico (X-MLV) (denominadas XMRV) que podería potencialmente afectar aos resultados experimentais. Non hai evidencias de que este virus pode infectar os humanos. Esta infección poida tamén cambiar a virulencia e tropismo dos virus por mestura fenotípica ou recombinación.[4]

NotasEditar

  1. Abraham, Robert; Weiss, Arthur (2004). "Jurkat T cells and development of the T-cell receptor signalling paradigm". Nature 4: 301–308. 
  2. Schneider U, Schwenk H, Bornkamm G (1977). "Characterization of EBV-genome negative "null" and "T" cell lines derived from children with acute lymphoblastic leukemia and leukemic transformed non-Hodgkin lymphoma". Int J Cancer 19 (5): 621–6. PMID 68013. doi:10.1002/ijc.2910190505. 
  3. American Type Culture Collection (ATCC)
  4. Takeuchi, Y; McClure, MO; Pizzato, M (Dec 2008). "Identification of Gammaretroviruses Constitutively Released from Cell Lines Used for Human Immunodeficiency Virus Research". Journal of Virology 82 (24): 12585–12588. PMC 2593302. PMID 18842727. doi:10.1128/JVI.01726-08. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar