As células deciduais son as células que forman parte da decidua do endometrio uterino, formada na fase secretora ou luteínica do ciclo menstrual e pouco antes e durante a implantación do embrión. Antes de que o ovocito fecundado chegue ao útero, a mucosa do corpo do útero sofre importantes cambios e transfórmase no que se chama a decidua. O grosor e vascularidade da mucosa aumentan moito; as súas glándulas alónganse e ábrense na súa superficie libre por orificios con forma de funil, mentres que as súas porcións máis profundas son tortuosas e dilatadas en espazos irregulares. O tecido interglandular aumenta en cantidade e está ateigado de células grandes redondas, ovais ou poligonais denominadas células deciduais.[1] O seu agrandamento é debido á acumulación de glicóxeno e lípidos no citoplasma o que permite que estas células proporcionen unha rica fonte de nutrición para o desenvolvemento do embrión. As células deciduais pénsase que controlan a invasión do endometrio por células trofoblásticas.[2]

Experimentalmente, as células estromáticas endometriais humanas poden ser decidualizadas en cultivo usando análogos do AMP cíclico (AMPc) e proxesterona. As células cambian a un fenotipo decidualizado e mostran regulación á alza de marcadores comúns da decidualización, como a prolactina e o IGFBP1.[3]

Notas editar

  1. Kearns, M; Lala, PK (marzo de 1983). "Life history of decidual cells: a review". American Journal of Reproductive Immunology 3 (2): 78–82. PMID 6344664. doi:10.1111/j.1600-0897.1983.tb00219.x. 
  2. Li, H; Huang, Q; Liu, Y; Garmire, LX (decembro de 2020). "Single cell transcriptome research in human placenta.". Reproduction 160 (6): R155–R167. PMC 7707799. PMID 33112783. doi:10.1530/REP-20-0231. 
  3. Gellersen, Birgit; Brosens, Ivo; Brosens, Jan (2007-11-01). "Decidualization of the Human Endometrium: Mechanisms, Functions, and Clinical Perspectives". Seminars in Reproductive Medicine (en inglés) 25 (6): 445–453. ISSN 1526-8004. PMID 17960529. doi:10.1055/s-2007-991042. 

Este artigo incorpora texto en dominio público da páxina 59 da 20ª edición de "Gray's Anatomy" (1918).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.