Cébaco é unha illa localizada ao suroeste de Panamá, especificamente ao sur do golfo de Montijo, no océano Pacífico; ao sur da provincia de Veraguas e a uns 15 km ao oeste da península de Azuero. Administrativamente forma parte do distrito de Montijo. Ten unha área de 80 km² e é a terceira illa máis grande do país (superada só por Coiba e a Illa del Rey).[1]

Cébaco
Situación
País Panamá
Provincia de Veraguas
Coordenadas7°34′30″N 81°4′27″O / 7.57500, -81.07417Coordenadas: 7°34′30″N 81°4′27″O / 7.57500, -81.07417
Xeografía
Superficie80 km²
Punto máis alto349 msnm,
Cerro Chichica

Xeograficamente posúe unha forma alongada, dunha anchura de entre 2 e 5 km e 25 km de longo, estendéndose de leste a oeste. No oeste atópanse as máximas elevacións, resaltando o Cerro Chichica (349 m). Tamén cabe destacar algúns accidentes xeográficos tales como Punta Surrones (punto extremo occidental); Punta Chichica e Punta Puerto Hondo, na costa sur; e Punta Campana (punto extremo oriental).[1]

A uns 3 km ao noroeste de Cébaco atópase a Illa Gobernadora, de menor tamaño e onde se localiza o pobo de Gobernadora, cabeceira do correxemento de Gobernadora, ao cal pertence Cébaco. Tamén ao oeste de Cébaco atópase a illa de Coiba, a maior do país.

Na illa existe unha pequena poboación local que se dedica especialmente á pesca; aínda que en anos recentes, a pesca deportiva, promocionada polos turistas, tamén se practica nesta zona.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Síntesis Geográfica. Instituto Geográfico Nacional “Tommy Guardia”. Panamá. Xaneiro de 1998.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar