Cártamo silvestre

especie de planta
Cártamo silvestre

Carthamus lanatus: inflorescencia (capítulo)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Carduoideae
Tribo: Cynareae
Subtribo: Centaureinae
Xénero: Carthamus
Especie: C. lanatus
Nome binomial
'Carthamus lanatus'
L., 1753

O cártamo silvestre ou cardo cabreiro[1] (Carthamus lanatus), é unha especie pertencente á familia Asteraceae.

Vista xeral.
Detalle da borra laúda na preantese.
Froitos: Cipselas.
Cipsela, detalle do apex e do papo.

Descrición editar

É unha planta anual, de 10 a 60 cm de altura (e até o dobre en solos subnitrófilos); con talos erectos, moi ramificados - especialmente nas súas partes media e superior, e cubertos dun abundante tomento laúdo branco (de aí o seu nome específico en latín, lanatus), en particular durante a pre-antese. Follas ovais lanceoladas, glandulosa-viscosas, con lóbulos moi profundos, e terminadas en espiño. Flores amarelas brillantes, en capítulos duns 3 cm de diámetro, agrupados en corimbo ou ben solitarios. Brácteas exteriores moi parecidas ás follas superiores, pero máis curtas e menos espiñentas; as internas lanceoladas, escariosas, máis ou menos denticuladas e con puntas escuras. O receptáculo é de forma cónica aguda, con sedas en forma de fita abrancazadas. Os froitos son cipselas heteromorfas poligonais, curtas, cónico-ovaladas, de cor parda e con riscos irregulares; as interiores cun papo de sedas/escamas denticuladas, algo máis longo que o corpo; e as exteriores sen as filas externas de escamas do papo. Os dous tipos teñen o apex cunha coroa ondulada/denticulada, cunha fileira interna de pelos curtos ásperos no centro. A súa semente é viábel durante máis de oito anos á intemperie[2]

No Mediterráneo, florea desde principios de maio até final do verán.

A subespecie creticus (=baeticus) ten idénticas características, mais é arbustiva e podería acadar os 5 m.[3]

Na identificación como plántula, para o seu control agronómico: ten cotiledóns verdes moi escuros, orbiculares a ovais, crasos, con lámina de 8–14 mm por 8–11 mm; unha nervadura central visíbel; pecíolo curto e dilatado na base.[1]

Distribución e hábitat editar

Endémica de Europa, Siberia, a conca mediterránea, Irán, de 0 a 1 200 msnm, e estendida por todo o mundo como maleza, fundamentalmente en rexións temperadas de América e de Australia (lexislada a súa restrición xa desde 1887 en todos os seus distritos de cereais) [2], onde chegou a formar inmensos matos impenetrábeis agás cun machado. Pódese encontrar até a 2.000m de altitude, concretamente na Najarra (Serra de Guadarrama, España).

Habita áreas máis ou menos rochosas, beiravías/gabias, lugares asollados, barbeitos etc...; moi resistente a secas e bastante susceptíbel a xeadas.

Tería potencial para transmitir as súas características de resistencia a enfermidades criptogámicas a outras especies do xénero, mais fainas render menos aceite.

Historia editar

Unha especie ben coñecida por antigos botánicos como Teofrasto, Plinio, e Dioscórides; este última menciónaa como antídoto para picadas da pezoña de escorpión.[4]

Taxonomía editar

Carthamus lanatus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum, vol. 2: 830, 1753.[5]

Citoloxía

O número de cromosomas é de 2n=44 (o miemo para a sub-especie creticus / baeticus)[6]

Sinonimia
  • Anactis pilosa Raf.
  • Atractylis fusus-agrestis Gaertn.
  • Atractylis lanata Scop.
  • Atractylis leucocephala Moench
  • Atractylis lutea Bubani
  • Atractylis pilosa Moench
  • Calcitrapa lanuginosa Steud.
  • Carduncellus lanatus Moris
  • Carduus attractylis Garsault
  • Carthamus albus Desf.
  • Carthamus elatus (Gasp.) Nyman
  • Carthamus creticus L.
  • Carthamus exsuccus Chaix
  • Carthamus lanatus subsp. baeticus (Boiss. & Reut.) Nyman
  • Carthamus lanatus subsp. creticus (L.) Holmboe
  • Carthamus lanatus subsp. lanatus L.
  • Carthamus macedonicus Herzog
  • Carthamus tauricus Bieb.
  • Carthamus turbinatus Nyman
  • Centaurea lanata (L.) Lam. & DC.
  • Kentrophyllum baeticum Boiss. & Reut.
  • Kentrophyllum lanatum (L.) DC.
  • Kentrophyllum lanatum Duby
  • Kentrophyllum tauricum (M. Bieb) Meyer
  • Kentrophyllum turbinatum Gasp. ex Guss.
  • Phonus lanatus (L.) Hill[7][8]

Notas editar

  1. Denominacións galegas en E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
  2. "Edwin Kessler University of Oklahoma, Norman 73019" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 09 de novembro de 2014. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2014. Consultado o 09 de novembro de 2014. 
  4. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 09 de novembro de 2014. 
  5. "Cártamo silvestre". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 31 de xullo de 2012. 
  6. Recherches biosystématiques sur la Section Jacea Cass. et quelques Sections voisines du genre Centaure, L... Gardou, C. (1972) Feddes Repert. 83: 311-472; Karyology, generic delineation and dysploidy in the genera Carduncellus, Carthamus and Phonus (Asteraceae), Vilatersana, R. & al. (2000) Bot. J. Linn. Soc. 134: 425-438
  7. Cártamo silvestre en PlantList
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2014. Consultado o 09 de novembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  1. Munz, P.A., D.D. Keck. 1959. Una Flora Californiana. Prensa de la Universidad de California. Berkeley, Os Ánxeles, pp. 1273.
  2. Abrams, L. & R. S. Ferris. 1960. Bignonias to Sunflowers. 4: 732 pp. In L. Abrams Ill. Fl. Pacific States. Stanford University Press, Stanford.
  3. Correll, D. S. & M. C. Johnston. 1970. Man. Vasc. Pl. Texas i–xv, 1–1881. The University of Texas at Dallas, Richardson.
  4. Flora of China Editorial Committee. 1988-2013. Fl. China Unpaginated. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  5. Flora of North America Editorial Committee, e. 2006. Magnoliophyta: Asteridae, part 6: Asteraceae, part 1. 19: i–xxiv. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.

Ligazóns externas editar