Butrus Qalaus
arcebispo católico maronita de Alepo
Butrus Qalaus[1] (en árabe: بطرس قلاوص, tr. "Butrus Qalawus"), nado en Alepo (Siria) o 30 de xuño de 1922 e finado o 16 de marzo de 1997, foi un eclesiástico católico maronita, arcebispo de Alepo dende 1990 até o seu pasamento.
Nome orixinal | (ar) بطرس قلاوص |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 30 de xuño de 1922 Alepo, Siria |
Morte | 16 de marzo de 1997 (74 anos) |
Arcebispo de Alepo dos Maronitas | |
12 de agosto de 1990 – 16 de marzo de 1997 ← Yusuf Salama – Yusuf-Anis Abi Ad → | |
Arcebispo católico | |
12 de agosto de 1990 – ← Yusuf Salama – Yusuf-Anis Abi Ad → Diocese: Maronite Catholic Archeparchy of Aleppo (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica maronita |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico (1948–) |
Consagración | Nasrala Pedro Sufair |
Traxectoria
editarNaceu en Alepo o 30 de xuño de 1922.[2] Foi ordenado sacerdote o 27 de marzo de 1948.[2] O 9 de xuño de 1990 foi nomeado arcebispo de Alepo dos maronitas,[2] recibindo a consagración episcopal de mans do patriarca de Antioquía e todo o Leste Nasrala Pedro Sufair o 12 de agosto.[2] Finou no cargo o 16 de marzo de 1997.