Budismo tibetano

(Redirección desde «Budismo Tibetano»)

O budismo tibetano é unha forma de budismo da tradición Vajrayana que se orixinou no Tíbet, pero que tamén se practica nas rexións veciñas do Himalaia e en Asia Central. Deriva das fases finais do budismo na India e conserva o "status quo tántrico da India do século VIII".[1] Estendeuse fóra do Tíbet por mor do poder mongol da dinastía Yuan (1271–1368), fundada por Kublai Khan, que tamén gobernou a China.

Nyingmapa Padmasambhava.

O budismo tibetano emprega prácticas tántricas, especialmente o ioga, e aspiran á iluminación ou corpo arco da vella.[2] O budismo tibetano no Tíbet ten catro grandes escolas, chamadas Nyingma, Kagyu, Sakya e Gelug (desenvolvida a partir da Sakya). A Jonang é unha escola menor, e a Rimé é un movemento ecléctico arredor das escolas Sakya, Kagyu e Nyingma. Entre os expoñentes máis importantes do budismo tibetano están o Dalai Lama e o Panchen Lama, os líderes da escola Gelug do Tíbet.

Notas editar

  1. White, David Gordon (ed.) (2000). Tantra in Practice. Princeton University Press. p. 21. ISBN 0-691-05779-6. 
  2. Powers, John (2007). Introduction to Tibetan Buddhism (Rev. ed.). Ithaca, Nova York: Snow Lion Publications. pp. 392–3, 415. ISBN 978-1-55939-282-2.