O Bucureşti é un equipo de rugby romanés que compite na European Challenge Cup. O equipo fórmase cada tempada para competir na European Challenge Cup e está formado por unha selección dos mellores xogadores romaneses da liga romanesa.

Bucureşti Rugby
NomeBucureşti Rugby
Fundación2004
SedeBucarest, Romanía
Estadio(s)Stadionul Naţional de Rugby
Capacidade5.000 espectadores
AdestradorRomanía Marin Mot
CapitánRomanía Ionuţ Dimofte
Liga(s)European Challenge Cup
2008-094º do seu grupo
Casa
Fóra
Na rede
http://www.munsterrugby.ie www.munsterrugby.ie

Historia

editar

O primeiro partido do equipo tivo lugar na tempada 2005-06, cunha derrota na súa casa fronte ao Toulon por 16 a 20. Na segunda xornada, o Bucureşti sufriu a súa maior derrota europea ao caer por 106-3 fronte ao Gloucester, mais o club mellorou nos seguintes catro encontros, rematando coa súa primeira vitoria a domicilio fronte ao Toulon na sexta xornada por 17-23. Esa tempada finalizou na terceira posición con 5 puntos, por diante do Rugby-Club Toulonnais.

Na tempada 2006-07, o Bucureşti derrotou no seu estadio ao Aviron Bayonnais na segunda xornada por 32-27, e finalizou a tempada nun meritorio terceiro posto con 8 puntos, por diante do equipo vasco-francés.

A tempada 2007-08 da Challenge Cup foi a mellor realizada polo equipo romanés con dúas vitorias no seu estadio (na terceira xornada fronte ao US Montauban por 19-17, e na quinta xornada fronte ao Gran Parma Rugby por 21-20) e cun empate a 23 na súa visita a Parma na segunda xornada. Novamente finalizou a tempada na terceira praza do seu grupo na segunda competición en importancia do rugby europeo cun total de 10 puntos.

O equipo só acadou unha vitoria na tempada 2008-09, este triunfo o conseguiu na cuarta xornada en Padua fronte ao Petrarca Rugby por 15 a 17, finalizando na derradeira posición do seu grupo con 5 puntos.

A tempada 2009-10 comezou cunha vitoria na casa fronte ao Overmarch Parma, aínda que finalizou na cuarta praza do seu grupo con 7 puntos.

Véxase tamén

editar

Ligazóns

editar