Abrir o menú principal

Bruno Schweizer, nado o 3 de maio de 1897 en Dießen am Ammersee e finado o 11 de novembro de novembro de 1958, foi  un lingüista alemán. Membro da Ahnenerbe durante a época nazi mais recoñecido polos seus traballos sobre o cimbro, e en especial pola súa gramática da lingua cimbra, publicada en 2008.

Bruno Schweizer
Nacemento3 de maio de 1897
 Dießen
Falecemento11 de novembro de 1958
NacionalidadeAlemaña
Alma máterUniversidade de Múnic
Ocupaciónlingüista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Procedente dunha familia de artesáns e comerciantes, mudouse a Landshut para realizar estudos secundarios. En 1917 matriculouse na Universidade de Múnic, mais chamado a filas serviu durante a Primeira guerra mundial como radiotelegrafista na fronte occidental e en Palestina. Logo da desmobilización estudou filoloxía nas universidades de Múnic, Friburgo e Innsbruck, nesta última coñeceu o dialectólogo Josef Schatz, co que mantivo correspondencia ao longo de toda a súa vida. En 1924 fundou a asociación cultural local Heimatvereinigung Ammersee e doutorouse en xermanística en 1925 en Friburgo co traballo "Dialekte des Lech-Isar-Landes". En 1928 Ferndinand Wrede convidouno para traballar como axudante no Atlas lingüístico do Imperio alemán na Universidade de Marburg.Viaxou varias veces a Islandia, e alí aprendeu islandés. En 1931 transladouse a Múnic, onde en 1933 traballou con Karl Alexander von Müller no Institut zur Erforschung des deutschen Volkstums im Süden und Südosten da Universidade de Múnic. En 1935 deixou o instituto por motivos políticos, e logo realizou unha viaxe de estudo ao norte de Italia para investigar as illas lingüísticas dos cimbros no marco dunha investigación sobre os dialectos bávaros. O seu traballo Zimbriche Sprachreste, que se publicou en 1939, supuxo a súa rehabilitación e o seu ingreso na Ahnenerbe Forschungs und Lehrgemeinschaft (1937) co grao de Unabkömmlich, mais a diferenza da maioría dos membros da sociedade nunca foi membro das SS.

Ao comezo da Segunda guerra mundial serviu como radiotelegrafista ata setembro de 1940. Logo a Ahnernerbe enviouno ao Tirol do Sur coa encarga un estudo xeográfico os dialectos tiroleses, mais diverxencias cos seus colegas levárono a centrarse exclusivamente no cimbro, escribindo en 1941 o informe "Bericht über Ergebnisse der Zimbernforschung". Neste contexto, publicou en 1948 no Jahrbuch für vergleichende Volkskunde o traballo "Die Herkunft der Zimbern" no que propugnaba a teoría da orixe lombarda dos cimbros.

Bruno Schweizer é o investigador que máis escribiu, documentou, recolleu e analizou o ámbito cimbro, a meirande parte dos seus traballos permenecen inéditos, conservados no arquivo do Forschungsinstitut für deutsche sprache de Marburg. Entre os numerosos manuscritos hai un dicionario, Zimbriches Wörterbuch, en varios volumes; unha gramática do cimbro de 845 páxinas,Gesamtgrammatik des Zimbrichen, subdividida en cinco volumes, cada un dedicado a un aspecto diferente da lingua cimbra: Volume I – As vogais; Volume II – As consoantes; Volume III – A morfoloxía; Volume IV – A formación das palabras; Volume V – A sintaxe. Unha recolleita de contos e cancións, Zimbriche Volkskunde, en máis de mil páxinas.

Tamén realizou traballos sobre a historia local da súa comarca natal, que publicou na revista Lech-Isar-Land e comezou a obra Dießener Häuserbuch que completaron Wilhelm e Juliane Wörlein[1].

ObraEditar

  • Bruno Schweizer: Zimbrische Sprachreste. Niemeyer, Halle 1939. (Deutsches Ahnenerbe; B. 5,1).
  • Bruno Schweizer: Zimbrische Gesamtgrammatik. Vergleichende Darstellung der zimbrischen Dialekte. Herausgegeben von James R. Dow. Franz Steiner Verlag, Stuttgart 2008. ISBN 978-3-515-09053-7.
  • Bruno Schweizer: Zimbrischer und fersentalerischer Sprachatlas = Atlante linguistico cimbro e mòcheno. Herausgegeben und kommentiert von = edizione curata e commentata da Stefan Rabanus. Istituto Cimbro/Istituto Culturale Mòcheno, Luserna/Palù del Fersina (TN) 2012. ISBN 978-88-95386-02-7.
  • Bruno Schweizer: Die Flurnamen des südwestlichen Ammerseegebietes: Gemeinden Diessen-St. Georgen, Raisting, Rieden, Forstbezirk Diessen, Ammer-, Pilsen- und Wörthsee, München 1957.

NotasEditar

  1. "Seine Bedeutung als Heimatforscher" Lech-Isar-Land, 1993, p. 113.