Bruce Fairweather
Bruce Ian Fairweather, nado o 12 de decembro de 1960, é un guitarrista e baixista estadounidense baseado en Seattle, Washington. Tocou nas bandas Green River, Mother Love Bone e Love Battery.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de decembro de 1960 (63 anos) Seattle, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | músico, guitarrista |
Período de actividade | 1981 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Instrumento | Baixo e guitarra |
Biografía
editarFairweather medrou en Montana e coñeceu a Jeff Ament patinando na Universidade de Montana en setembro de 1981. Un mes despois estaban ensaiando como Deranged Diction. En maio do 1983 mudáronse a Seattle e a banda desfíxose en 1984.[1] En 1985 substituíu a Steve Turner na banda de grunge Green River, que incluía a Mark Arm (despois en Mudhoney), Alex Vincent, Jeff Ament e Stone Gossard, estes dous últimos posteriormente en Pearl Jam.[2]
En 1988, pouco despois do lanzamento do mini álbum Rehab Doll, Green River separouse. O cantante Mark Arm reuniuse con Turner (ao cal substituíra Fairweather en Green River) para formar Mudhoney. Fairweather uniuse ao antigo cantante de Malfunkshun Andrew Wood, a Gossard e a Ament para crear Mother Love Bone. A banda semellaba destinada ao éxito ata que o 19 de marzo de 1990, pouco antes do lanzamento do seu álbum de estrea, Andrew Wood morreu dunha sobredose de heroína. Despois diso Ament e Gossard formaron Pearl Jam e Fairweather uniuse á banda de grunge de Seattle Love Battery como baixista. Tras dous álbums e varias xiras, deixou o grupo e comezou a centrarse no traballo de estudio e na vida familiar. En 2008 Green River reuniuse e realizou varios concertos dende entón.
Notas
editar- ↑ Prato, Greg (2009). ECW Press, ed. Grunge is Dead: The Oral History of Seattle Rock Music. Toronto. pp. 23-24. ISBN 978-1-55022-877-9.
- ↑ Allmusic (ed.). "Biografía de Green River". Consultado o 18 de xuño de 2017.