Bronisław Malinowski

(Redirección desde «Bronislaw Malinowski»)

Bronisław Kasper Malinowski, nado en Cracovia (Polonia) o 7 de abril de 1884 e finado o 16 de maio de 1942, foi un antropólogo polaco.

Infotaula de personaBronisław Malinowski

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de abril de 1884 Editar o valor em Wikidata
Cracovia (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor em Wikidata
Morte16 de maio de 1942 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
New Haven, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaEvergreen Cemetery (en) Traducir
Connecticut Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido (1931–)
Imperio Austrohúngaro
Segunda República Polaca Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Iaguelónica de Cracovia - matemáticas, ciencias físicas
London School of Economics
Universidade de Leipzig
Jan III Sobieski High School in Kraków (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAntropoloxía cultural Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónantropólogo , etnógrafo , fotógrafo , social anthropologist (en) Traducir , profesor universitario , profesor universitario , sociólogo , etnólogo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1915 Editar o valor em Wikidata - 1925 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Cornell
London School of Economics
Universidade Yale Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enMelanésios (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresWilhelm Wundt Editar o valor em Wikidata
AlumnosFei Xiaotong (pt) Traducir, Jomo Kenyatta, Raymond Firth (pt) Traducir, E. E. Evans-Pritchard (pt) Traducir, Z. K. Matthews (en) Traducir, Meyer Fortes (pt) Traducir e Hortense Powdermaker (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa e lingua polaca Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoEdmund Leach (pt) Traducir, Hilda Kuper (pt) Traducir, Audrey Richards (pt) Traducir, Z. K. Matthews (en) Traducir e Raymond Firth (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaQ63532432 Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeValetta Swann (1940–1942)
Elsie Masson (1919–1935) Editar o valor em Wikidata
PaiLucjan Malinowski (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Malinowski-123 Find a Grave: 24331908 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Cracovia (Polonia) cando formaba parte da provincia austrohúngara Reino de Galicia e Lodomeria, nunha familia de clase media alta, o seu pai era profesor e a súa nai era filla dun terratenente.

Dende 1910, Malinowski estudou economía na London School of Economics, dándolle clases Seligman e Westermarck, analizando os patróns de cambio na Australia aborixe mediante documentos etnográficos. En 1914 déronlle a oportunidade de viaxar a Nova Guinea co antropólogo R.R. Marett, pero como estalou a primeira guerra mundial e Malinowski era austríaco, inimigo da Commonwealth británica, non puido realizar a súa viaxe de volta de Inglaterra. O goberno australiano, con todo, deulle permiso e fondos para realizar un traballo etnográfico nos seus territorios e Malinowski escolleu ir ás illas Trobriand (Melanesia) onde permaneceu varios anos, estudando a cultura indíxena. Tras o seu regreso a Inglaterra despois da guerra, publicou Argonauts of the Western Pacific (1922). Foi conferenciante e máis tarde comezou a dar clases de antropoloxía na London School of Economics, atraendo un gran número de estudantes e exercendo grande influencia sobre o desenvolvemento da British Social Anthropology. Entre os seus alumnos estaban antropólogos prominentes como Raymond Firth, E. E. Evans-Pritchard, Hortense Powdermaker, Edmund Leach, Audrey Richards e Meyer Fortes. Desde 1933, visitou varias universidades americanas e cando estalou a segunda guerra mundial, decidiu quedar en Yale. Alí permaneceu o resto da súa vida, influíndo a unha xeración de antropólogos americanos.

Pensamento editar

Malinowski está considerado un dos etnógrafos máis expertos da antropoloxía, especialmente polo seu metódico e ben teorizado estudo dos sistemas sociais. É o primeiro investigador en incorporar a antropoloxía "off terraza" (unha frase que é tamén o nome dun documental sobre o seu traballo), é dicir, experimentando a vida cotiá dos seus observados xunto con eles. Malinowski salientou a importancia da observación detallada participante e argumentou que os antropólogos deben ter contacto diario cos seus informantes se están facendo adecuadamente os "Imponderabilia da vida cotiá", que son tan importantes para a comprensión dunha cultura diferente.

Obras editar

  • The family among the Australian Aborigines: a sociological study, 1913.
  • Argonauts of the Western Pacific: An account of native enterprise and adventure in the Archipelagoes of Melanesian New Guinea, 1922.
  • Mutterrechtliche Familie und Ödipus-Komplex. Eine psychoanalytische Studie, 1924.
  • Myth in primitive psychology, 1926.
  • Crime and custom in savage society, 1926.
  • Sex and Repression in Savage Society, 1927.
  • The Sexual Life of Savages in North-Western Melanesia. An Ethnographic Account of Courtship, Marriage, and Family Life Among the Natives of the Trobriand Islands, British New Guinea, 1929.
  • Coral gardens and their magic, 1935.
  • A Scientific Theory of Culture and Others Essays, 1944.
  • The Dynamics of Culture Change: An Inquiry Into Race Relations in Africa, 1946.
  • Freedom & Civilization, 1947.
  • Magic, Science and Religion and Other Essays, 1948.
  • Sex, Culture, and Myth, 1962.
  • A Diary in the Strict Sense of the Term, 1967.
  • The early writings, 1993.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bohannan, Paul (2010). Para raros, nosotros. Introducción a la antropología cultural. Madrid: Akal. ISBN 978-84-460-0664-0.